O horario de apertura dos cemiterios municipais desde o sábado día 24 de outubro ata o día 2 de novembro será de 9.00 ata as 18.30 ininterrompidamente, pero haberá limitacións no referente á capacidade e tempo de permanencia.
A entrada aos cemiterios realizarase exclusivamente polo acceso principal, e sempre a través das vías sinaladas. Non se permitirá o acceso en coche agás ás persoas de mobilidade reducida acreditada. Ademais, só se permitirán dúas persoas por unidade de enterramento, e a permanencia máxima permitida no recinto será de 30 minutos. Este ano, eliminaranse todos os actos litúrxicos.
O aforo está limitado a:
- 75 persoas no cemiterio municipal de Santa Mariña.
- 50 persoas no cemiterio municipal de San Francisco.
- 25 persoas no cemiterio municipal de As Caldas
Autobuses. Desde o día 28 de outubro até o 2 de novembro reforzaranse os servizos de autobuses aos cemiterios municipais con dúas liñas, unha con saída da Estación de Autobuses, e outra do Vinteún en dirección Cemiterio de Santa Mariña, facendo parada no Cemiterio de San Francisco.
- Especial 1: Vinteún (6º instituto) - Cemiterio
Saídas Estación Bus - 10:20, 12:15, 14:45, 16:30
Saídas Cemiterio - 11:30, 13:30, 15:30, 17:30 - Especial 2: Estación de Autobuses - Cemiterio
Saídas Estación de Autobuses- 09:50, 11:30, 13:30, 15:30, 17:45.
Saídas Cemiterio- 10:30, 12:30, 14:30, 16:30, 18:30.
Medidas elementais. A Concellería de Sanidade informa, en todo caso, da necesidade de respectar as medidas preventivas establecidas polas autoridades sanitarias: uso de máscaras de protección, distancia de seguridade, uso de xeles hidroalcohólicos, etc.