Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Sanidade

Áreas

Cartel da normativa

Á vista dos últimos datos de evolución da pandemia da COVID-19 na cidade, a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia acordou esta mañá prohibir as reunións de persoas non conviventes en calquera espazo interior ou exterior en Ourense. A Xunta mantén tamén as demais restricións sanitarias que xa estaban vixentes na cidade.

A nova orde da Consellería de Sanidade, publicada no Diario Oficial de Galicia número 200-Bis, limita os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados, aos constituídos exclusivamente por persoas conviventes.

Esta limitación non impedirá a reunión con persoas non conviventes que se produzan por motivos de asistencia e coidado a maiores, dependentes ou persoas con discapacidade, ou por causa de forza maior ou situación de necesidade.

Tampouco será aplicable no caso de actividades laborais, empresariais, profesionais e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento.

DOCUMENTACIÓN

 

 

 

Cartel con las restricciones sanitarias

A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia acordou limitar as xuntanzas públicas e privadas a un máximo de cinco persoas en toda a cidade de Ourense.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, acordou cancelar todos os eventos que o Concello estaba a organizar para os meses de outubro e de novembro. Aínda que sexan tecnicamente viables, o rexedor dálle prioridade ás recomendacións sanitarias para evitar a expansión da COVID19.

Mapa do barrio do Couto

A Xunta de Galicia amplía a área con especiais restricións na cidade de Ourense.

Avenida de Portugal

A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia eleva as restricións específicas en catro rúas da cidade de Ourense: Antonio Puga, Doutor Fleming, Xesús Soria e Avenida de Portugal (no tramo comprendido entre o cruzamento coa rúa Ervedelo e o cruzamento coa rúa Irmáns Xesta.

▶️ Limita as reunións privadas ata un máximo de 5 persoas
▶️ Prohibe que bares e cafeterías poidan servir no interior,
▶️ Atención de grupos de 5 persoas como máximo nas terrazas.
▶️ Os restaurantes poden servir no interior, a un máximo de 5 persoas por mesa.

DOCUMENTACIÓN

 

Cartel do servizo

O Servizo Galego de Saúde activou unha liña telefónica para atender aquelas persoas non residentes que visitan Galicia procedentes doutras comunidades autónomas ou doutros países que presenten síntomas de covid-19.

Só teñen que chamar ao número de teléfono 881 00 20 21, e se lles xestionará rapidamente a consulta por parte dun profesional para avalizar os síntomas e tomar a decisión oportuna sobre a proba diagnóstica ou tratamento, no seu caso, que se considere axeitada.

Con este servizo preténdese facilitar a atención dunha forma áxil simplifcando calquera trámite administratvo e facilitar o diagnóstico precoz da enfermidade

 

Cartel

A orde do 27 de xullo da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia establece novas medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios.

Foto da reunión

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, mantivo esta mañá unha xuntanza no salón de plenos do Concello coa presidenta do Colexio Oficial de Enfermaria de Ourense, Ascensión Pérez, e comunicoulle a vontade do Concello de colaborar na programación de actividades que o colexctivo ourensán desenvolverá ao longo de 2020 para celebrar os 100 anos da profesión enfermeira en Ourense.

Cartel sobre uso de mascarillas

O Real Decreto-lei 21/2020, do 9 de xuño, establece as medidas urxentes de prevención, contención e coordinación necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola covid-19, así como previr posibles rebrotes, con vistas á superación da Fase III do Plan para a Transición cara a unha Nova Normalidade.

Máscara de protección

A máscara de protección xa é obrigatoria para maiores de 6 anos en todos os espazos onde non se poida manter a distancia de seguridade. A Orde SND/422/2020, do 19 de maio, publicada no Boletín Oficial do Estado, sinala que durante a situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, o uso de máscara será obrigatorio na vía pública, en espazos ao aire libre e en calquera espazo pechado de uso público ou que se atope aberto ao público, sempre que non sexa posible manter unha distancia de seguridade interpersoal de polo menos dous metros.

Para as persoas de seis anos en diante é obrigatorio o uso de calquera tipo de máscara, preferentemente hixiénicas e cirúrxicas, que cubra nariz e boca, agás:

  • Por persoas que presenten algún tipo de dificultade respiratoria que poida verse agravada polo uso de máscara.
  • Por persoas nas que o uso de máscara resulte contraindicado por motivos de saúde debidamente xustificados, ou que pola súa situación de discapacidade ou dependencia presenten alteracións de conduta que fagan inviable a súa utilización.
  • No desenvolvemento de actividades nas que, pola propia natureza destas, resulte incompatible o uso da máscara.
  • Por causa de forza maior ou situación de necesidade.

DOCUMENTACIÓN