Sanidade
Áreas
A Praza do Ferro será o venres 22 de nadal, escenario da actividade "Desfruta do Nadal", organizada polo Concello de Ourense, a través das concellerías de Sanidade e Xuventude, e a Xunta de Galicia, dentro da campaña de prevención de drogas e alcol.
Permanece aberto o prazo de inscrición para o foro 'Solucións concretas ao problema do botellón', unha reunión de expertos de campos tan diversos coma os servizos sociais, a sanidade e condutas adictivas, colectivos xuvenís, seguridade, educación, psicoloxía e socioloxía, xunto a representantes do Concello de Ourense, que se celebrará este xoves 14 de decembro nas dependencias da Xunta de Galicia na nosa cidade (Casa de Chocolate).
O Concello de Ourense vén de presentar os cinco programas de Familia da Concellería de Sanidade, que se promocionan desde o 24 de outubro a través da campaña “Educa en respecto e Solidariedade”, e cos que pretenden orientar as nais e pais da cidade na educación dos seus fillos.
O Concello de Ourense e Ecovidrio, a entidade sen ánimo de lucro encargada da xestión da reciclaxe dos residuos de envases de vidro en España, poñen en marcha a campaña "Recicla vidro por elas". Unha iniciativa que ten como obxectivo mobilizar aos cidadáns a reciclar vidro e contribuír así cunha causa solidaria e loitar contra o cancro de mama, cuxo día se celebra o 19 de Outubro.
O 24 de outubro, a sede do ICOMOu (juan XXIII, 19 entrechán) acollerá a xornada “Menores e alcohol. Identificació precoz e intervención breve na Atención Primaria e outros ámbitos sanitarios” organizada pola Cocellería de Sanidade en colaboración co Colexio Oficial de Médicos de Ourense e a Xunta de Galicia.
A Concellería de Sanidade presenta unha nova edición do ciclo Cine e Saúde, que contará coa proxección de cinco filmes entre os meses de outubro e maio.
O Concello de Ourense e a Asociación de Persoas Xordas de Ourense (APSOU) veñen de asinar un acordo marco para a formación específica ante situacións de emerxencia a través do Servizo municipal de Extinción de Incendios e de Salvamento ou calquera outra situación na que se faga precisa a intervención dos Bombeiros.
O Concello de Ourense, a través da Concellería de Sanidade, leva a cabo o programa Escolle, unha actividade preventiva e de formación dirixido aos mozos e mozas menores de idade con denuncias por consumo de alcol en lugares públicos. “Trátase dunha alternativa á sanción económica, pero tamén de inculcarlles valores positivos e aumentar a percepción de risco asociado ao consumo de alcol”, en palabras da concelleira Sofía Godoy.
O Concello de Ourense avanzou, a través da área de Sanidade, a posta en marcha do programa Youth in Europe para a diagnose consumo de alcol e drogas entre adolescentes (15/16 anos) na cidade. O programa está baseado nas políticas islandesas, que desde vai dúas décadas realizan intervencións drásticas, directas e globais que conseguiron un entorno máis saudables para a adolescencia. En España, Tarragona é a única cidade que está a desenvolver este programa piloto.
A Concellería de Sanidade vén de abrir o prazo para anotarse nos cursos para embarazadas que se desenvolverán, debido á demanda existente, no mes de xullo.