Sanidade
Áreas
A Concellería de Sanidade ten aberto ata o próximo martes, 21 de marzo o prazo de presentación de traballos para o Segundo Concurso Fotográfico Mascotas Adoptadas, unha iniciativa aberta a calquera persoa maior de 18 anos que adoptase un animal no albergue municipal.
A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), no marco da celebración do Día Mundial do Consumidor, porá en marcha nas súas dependencias, en asociacións veciñais e Centros Cívicos, charlas e obradoiros sobre as materias que suscitan un maior número de consultas e reclamacións coa finalidade de informar e formar ós consumidores máis vulnerables naquelas materias nas cales son vítimas dos abusos na súa faceta como consumidores.
A Concellería de Sanidade do Concello de Ourense informa sobre o Curso de Actuacións en caso de Emerxencias e Sistemas de Retención Infantil, que terá lugar o vindeiro 30 e marzo, dentro do programa de Boas Prácticas Alimentarias e Prevención Activa da Obesidade.
A Concellería de Sanidade do Concello de Ourense recorda que está aberto o plazo para inscribirse no curso adicado a coñecer os Alérxenos Alimentarios, dentro do programa de Boas Prácticas Alimentarias e Prevención Activa da Obesidade.
A Concellería de Sanidade do Concello de Ourense organiza un ciclo de obradoiros formativos que se desenvolveran ao longo de mes de marzo na cidade, dirixidos ás familias. Esta actividade dará inicio a unha nova edición do programa municipal Escola de Nais e Pais, que pretende axudar a proxenitores e educadores na súa laboura fundamental na educación dos cativos.
A Concellería de Sanidade pon en marcha o primeiro obradoiro da escola de nais e pais dirixido os colexios e as familias de Ourense que se levara a cabo o proximo mes de marzo co titulo “As emocións na familia”.
"#1.000 likes" é un espectáculo de Teatro Participativo no que un actor e dúas actrices representan un caso de ciberacoso escolar. O obxectivo deste proxecto é que os espectadores participen nun debate para probar ideas e estratexias contra o acoso escolar. Tamén se presenta unha aplicación para os seus teléfonos móbiles.
O Concello de Ourense, a través da Concellería de Sanidade,ven de abrir o plazo para inscribirse nos cursos de Boas Prácticas Alimentarias e Prevención Activa da Obesidade. Para obter máis información dirixirse ás instalacións da Concellería de Sanidade, na rúa Vasco da Ponte, número un. As Lagoas.
Máis de 720 escolares e docentes dos centros educativos da cidade asistirán o martes, 7 de febreiro, á proxección da película “Mustang” (Francia, 2015), dirixida por Deniz Gamze, no Auditorio, organizada pola Concellería de Sanidade dentro do ciclo “Cine e Saúde”.
A Concellería de Sanidade informa sobre a próxima convocatoria do Segundo Concurso Fotográfico Mascotas Adoptadas, unha iniciativa aberta a calquer persona maior de 18 anos que adoptase un animal no albergue municipal.