Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Sanidade

Áreas

Visita a Progape

O albergue de animais de Ourense presenta unha nova cara logo de que o Concello finalice as obras de mellora das instalacións, que contaron cun presuposto de 60.000 euros. Os traballos foron visitados polo alcalde, Jesús Vázquez, e a concelleira de Sanidade, Sofía Godoy. Entre as súas melloras contempla 8 novas xaulas para hospitalización de animais (imprescindibles para o post-operatorio e cumprimento coas condicións hixiénico-sanitarias adecuadas), así como a substitución e adecuación de peches e portas metálicas, algo que esixe a lexislación para o benestar animal.

Logo de Desmonta o Alcohol

A Consellería de Sanidade presenta a cuarta edición do Concurso “Desmonta o alcohol. Apúntate unha idea”, destinado a alumnos da ESO do Concello de Ourense.

UNIS Centro

Tres dependencias municipais veñen de cambiar ubicación co inicio do novo ano 2017. A Oficina Municipal de Información ao Consumidor, ata agora sita na rúa Arcedianos, ven de trasladarse á oficina da UNIS (Unidade Interdisciplinar de de Intervención Social) da zona Centro,sita na rúa Bernardo González Cachamuíña, número 11-13, baixo.

Logo de Ourense con Luz Propi

Ourense celebra este sábado a chegada do Nadal cunha grande festa de animación na rúa chamada "Xa chega o Nadal", recollida dentro da campaña "Ourense con luz propia". Os obxectivos principais desta actividade, organizada polas áreas de Xuventude e de Sanidade, son “xerar dinámicas para que todos os colectivos cidadáns poidan compartir e vivir unha actividade de lecer divertida e enriquecedora, así como vincular o lecer a diversas actividades sociais e culturais”, en palabras de Sofía Godoy, titular das áreas organizadoras.

Cartel do curso Manipulador de alimentos

A Concellería de Sanidade organiza un curso de manipulación de alimentos que terán lugar o 8 de decembro e para o que é necesario inscrición previa na Concellería. De acordo á definición establecida pola Ley, un manipulador de alimentos é "aquela persoa que pola súa actividade laboral ten contacto direto cos alimentos durante a súa preparación, fabricación, transformación, elaboración, envasado, almacenamento, transporte, distribución, venda, suministro e servizo".

Logo da Semana da Lactancia Materna 2016

A Concellería de Sanidade ten programas distintas actividades co fin de promover a lactancia matena.

O SMaFF orienta, asesora, media e deriva se é necesario a familias con fillos que se atopen ante situacións puntuais difíciles que poidan afectar ao benestar e ao equilibrio psicosocial do grupo ao que pertencen.

"O leite materno é o mellor alimento para os nosos fillos e fillas durante os primeiros 6 meses de vida de forma exclusiva e complementado con outros alimentos polo menos ata finais dos 2 anos, non habendo límite de idade".

Destinatarias: mulleres xestantes , familias con bebés, interesados/as en xeral