Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Seguridade cidadá

Áreas

A Fiscalía Provincial de Ourense emitiu un decreto no que arquiva as dilixencias informativas iniciadas logo da denuncia anónima -de 14 de outubro de 2020- contra o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, pola anulación do sistema de bolardos no centro histórico de Ourense o pasado 26 de febreiro de 2020.

No seu escrito, a Fiscalía decreta arquivar as Dilixencias Informativas da Investigación Penal 97/2020 contra Don Gonzalo Pérez Jácome porque “non resultan das dilixencias practicadas indicios abondo da existencia dun delito de malversación de caudais públicos”.

Na resolución, a fiscala xefa decreta que por máis que a actuación do alcalde non se suxeitase ao procedemento “utilizando a vía de feito”, dificilmente podería cualificarse desde o punto de vista penal de arbitraria a súa decisión cando non existe advertencia e / ou reparo por parte do secretario e está fundamentada nos danos materiais a vehículos, persoais aos viandantes causados polo sistema de bolardos”.

“O 'suposto' grave prexuízo patrimonial aos cidadáns que adquiriron os dispositivos”, prosegue o decreto da Fiscalía, “non constitúe ilícito penal algún, senón un suposto de responsabilidade patrimonial do Concello”.