Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Transporte Público

Áreas

O Boletín Oficial da Provincia de Ourense publica hoxe as bases que regulan o procedemento para obter o permiso municipal de condutor ou condutora de taxi no Concello de Ourense. Este permiso será un requisito necesario para exercer a actividade de condutor ou condutora de taxi.

A cidade de Ourense dótase dun regulamento que dispón os dereitos e os deberes das persoas usuarias do servizo de transporte urbano colectivo de viaxeiros.

O Concello de Ourense renovará a súa flota de autobuses urbanos de forma indirecta, a través da empresa que resulte adxudicataria da xestión do servizo de transporte urbano. Así se acordou esta mañá na reunión que o alcalde e os portavoces dos grupos políticos municipais mantiveron esta mañá no salón de plenos.

Os grupos políticos municipais decidirán o martes día 9 de marzo cal será a fórmula de adquisición de novos vehículos para o servizo de transporte urbano para o Concello de Ourense.

Taxis de Ourense

A xunta de goberno local do Concello de Ourense aprobou as bases reguladoras do procedemento para obter o permiso municipal de condutor ou condutora de taxi na cidade.

Os autobuses urbanos do Concello de Ourense adoptarán as últimas medidas dispostas pola Xunta de Galicia na Orde do 9 de novembro -que modifica a do día 4- en materia de medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución do COVID-19.

A chegada da 14ª etapa de La Vuelta a Ourense, mañá día 4 de novembro, obriga a modificar o percorrido de nove liñas de autobús urbano no tempo que duren as restricións de tráfico.

Urbanos de Ourense, concesionaria do transporte colectivo de viaxeiros, en colaboración co Concello de Ourense, ofrece a céntrica liña 6 (6A- Estación Autobuses – Residencia, e 6B - Estación Autobuses - Couto - Residencia) de balde para todos os viaxeiros mañá martes 22 de setembro, co motivo do Día Europeo Sen Coches.

Este martes 21 de xullo publicouse no BOP (nº 166) o Regulamento do servizo público de transporte colectivo de viaxeiros do Concello de Ourense. O regulamento atópase publicado na sección Normativa da Sede electrónica municipal,  en concreto no seguinte enlace: [Regulamento

Foto de autobus

O Concello de Ourense reforzará, desde o luns 30 de marzo, cun autobús máis as liñas 7 [Covadonga – A Valenzá] e 15 [Santa Cruz – Parque de San Lázaro], atendendo as peticións dos ususarios. Así o fixo saber esta mañá o concelleiro de Infraestruturas e Mobilidade, Miguel Caride, logo de coñecer a dispoñibilidade da empresa concesionaria.