Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Transporte Público

Áreas

A Concellería de Transporte acaba de aprobar unha convocatoria extraordinaria para obter o permiso municipal de condutor ou condutora de taxi no Concello de Ourense, sendo a normativa pola que se rexe as Bases que regulan o procedemento para obter o permiso municipal de condutor ou condutora de taxi no Concello de Ourense, publicadas no BOP do 8 de abril de 2021.

Ás persoas interesadas concédeselle un prazo de 10 días hábiles para presentar as solicitudes contados dende a publicación da convocatoria na páxina web do concello, é dicir, até o 4 de maio.

O Concello de Ourense aprobou recentemente as bases para obter o permiso municipal de condutor/a de taxi. Estas bases establecen unha convocatoria anual ordinaria para obter dito permiso e, ao tempo, si se dan determinadas circunstancias, permite realizar convocatorias extraordinarias, cando exista un mínimo de dous solicitantes ou de forma excepcional cando o xustifiquen as circunstancias (por causa de urxencia).

Máis información na sede electrónica do Concello de Ourense.