A Oficina Municipal de Información Turística da Rúa Isabel la Católica 2 está aberta ao público desde hoxe, seguindo o protocolo de hixiene e prevención establecido no Manual para as Oficinas de Información Turística ante a COVID-19, publicado pola Xunta de Galicia (Enlace).
A oficina mantén o seu horario habitual:
- Luns a Venres, de 09.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas
- Sábados, domingos e festivos, de 11.00 a 14.00 horas
Seguindo as directrices do protocolo de hixiene e prevención, o aforo está limitado a dous postos de atención. Así mesmo, non haberá folletos á libre disposición do público, só se entregarán de xeito individual ás persoas atendidas. Recoméndanse as consultas telemáticas: web, correo electrónico (turismo[arroba]ourense.es) e teléfono, no horario de apertura: 988 366 064.
Unha cidade segura. Flora Moure, concelleira de Turismo, recalca que "coa chegada da nova normalidade non esquecemos que a seguridade e a prevención ante a COVID-19 é unha máxima fundamental e nese eido non escatimaremos ningún esforzo para que a atención turística na cidade sexa totalmente segura para os turistas que nos visiten e para o persoal que os atenden".