Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Urbanismo, Licenzas e Vivenda

Áreas

A xunta de goberno aprobou dous expedientes para darlle continuidade aos programas de subvencións para a rehabilitación de edificios e vivendas nas 4 áreas de rexeneración e renovación urbanas (ARRU) do Concello de Ourense: O Polvorín, As Camelias, A Carballeira; San Mamede, Cruceiro Quebrado e a Inmaculada, Centro histórico e Seixalbo, que desenvolve o Concello en colaboración co Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia.

A xunta de goberno local do Concello acordou na súa xuntanza desta mañá concederlle licenza de obra á Diócese de Ourense para executar o proxecto de restauración da reixa e púlpitos do altar maior da Catedral.

Reu

O Concello de Ourense avanza na elaboración do novo Plan Especial de protección do sitio de interese histórico das fontes termais das Burgas e do conxunto de interese histórico da cidade de Ourense.

Convenio urbanístico de xestión para a execución do proxecto como ''Parque coto Canedo'

A Comisión de Investigación sobre a desaparición de documentación na Concellería de Urbanismo, aprobada por acordo plenario o 2 de outubro de 2020, celebrou a súa segunda sesión esta mañá no salón de plenos.

Imaxe do centro histórico

A xunta de goberno local do Concello de Ourense aprobou na súa xuntanza desta mañá a concesión definitiva dun total de 23 subvencións a proxectos de rehabilitación de edificios e vivendas executadas nas áreas de rehabilitación e rexeneración urbana (ARRU) da cidade, por un importe total de 198.7241,0 euros.

Xuntanza no salón de plenos

Os concellos de Ourense e de San Cibrao das Viñas poden, desde hoxe, coñecer o seu límite xeográfico exacto.

Imaxe virtual do novo edificio

O Concello de Ourense aprobou, en xunta de goberno local, un informe no que declara que a ampliación do CHUO é un “proxecto público de urxencia ou especial interese”.

A cidade de Ourense contará cun novo e céntrico espazo para o lecer dos cidadáns: estará emprazado entre o Parque de San Lázaro -e servirá como continuación deste-, fronte á Subdelegación do Goberno.

Plano da ordenación das vías

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome considera “intolerable” que o goberno central rexeite as alegacións realizadas por Democracia Ourensana e por diferentes asociacións e entidades da nosa cidade ao estudio informativo da estación intermodal.