Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Urbanismo, Licenzas e Vivenda

Áreas

Vista da cidade

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, ordenoulle ao servizo de Planeamento Urbanístico que ultime os trámites do expediente do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para que o equipo redactor poida presentalo ao pleno para a súa aprobación provisional.

O Concello de Ourense abriu hoxe o prazo para solicitar axudas para a rehabilitación de vivendas e espazos comúns no Centro Histórico (17ª fase) e no Núcleo Etnográfico de Seixalbo (12ª fase) dentro de programa das Áreas de Rehabilitación e Rexeneración Urbana (ARRU)

Edificio anexo aos Franciscanos

A sección segunda da sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimou o recurso de apelación interposto pola promotora do edificio emprazado na confluencia das rúas Cardenal Quevedo e Xaquín Lourenzo.

A xunta de goberno aprobou dous expedientes para darlle continuidade aos programas de subvencións para a rehabilitación de edificios e vivendas nas 4 áreas de rexeneración e renovación urbanas (ARRU) do Concello de Ourense: O Polvorín, As Camelias, A Carballeira; San Mamede, Cruceiro Quebrado e a Inmaculada, Centro histórico e Seixalbo, que desenvolve o Concello en colaboración co Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia.

A xunta de goberno local do Concello acordou na súa xuntanza desta mañá concederlle licenza de obra á Diócese de Ourense para executar o proxecto de restauración da reixa e púlpitos do altar maior da Catedral.

Reu

O Concello de Ourense avanza na elaboración do novo Plan Especial de protección do sitio de interese histórico das fontes termais das Burgas e do conxunto de interese histórico da cidade de Ourense.

A Comisión de Investigación sobre a desaparición de documentación na Concellería de Urbanismo, aprobada por acordo plenario o 2 de outubro de 2020, celebrou a súa segunda sesión esta mañá no salón de plenos.

Imaxe do centro histórico

A xunta de goberno local do Concello de Ourense aprobou na súa xuntanza desta mañá a concesión definitiva dun total de 23 subvencións a proxectos de rehabilitación de edificios e vivendas executadas nas áreas de rehabilitación e rexeneración urbana (ARRU) da cidade, por un importe total de 198.7241,0 euros.

Xuntanza no salón de plenos

Os concellos de Ourense e de San Cibrao das Viñas poden, desde hoxe, coñecer o seu límite xeográfico exacto.

Imaxe virtual do novo edificio

O Concello de Ourense aprobou, en xunta de goberno local, un informe no que declara que a ampliación do CHUO é un “proxecto público de urxencia ou especial interese”.