Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Urbanismo, Licenzas e Vivenda

Áreas

O Concello de Ourense aprobou, en xunta de goberno local, un informe no que declara que a ampliación do CHUO é un “proxecto público de urxencia ou especial interese”. Este trámite permitirá a execución de obras á marxe do ordenamento vixente, segundo recolle a lexislación autonómica (Lei de Galicia 3/2016). Desde o goberno municipal considérase que se trata dunha actuación de interese para a cidadanía ao tratarse dunha dotación sanitaria.

Esta declaración para a ampliación do CHUO foi un dos temas tratados na axenda do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, co delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e supón un avance na mellora das infraestruturas de atención sanitaria na nosa cidade.

Ademais deste asunto, a xunta de goberno local, que contou coa asistencia do alcalde e dos concelleiros de DO Armando Ojea e Telmo Ucha, así como da concelleira Flora Moure (PP), deu conta doutros 42 asuntos: Avogacía Consistorial (16, nove sentenzas, un auto e seis comparecencias); Licenzas e aperturas (4); Planeamento urbanístico (2); Patrimonio (17); Persoal e Recursos Humanos (2); Xestión económica e orzamentaria (1); e Comercio (1).