Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Urbanismo, Licenzas e Vivenda

Áreas

A xunta de goberno aprobou dous expedientes para darlle continuidade aos programas de subvencións para a rehabilitación de edificios e vivendas nas 4 áreas de rexeneración e renovación urbanas (ARRU) do Concello de Ourense: O Polvorín, As Camelias, A Carballeira; San Mamede, Cruceiro Quebrado e a Inmaculada, Centro histórico e Seixalbo, que desenvolve o Concello en colaboración co Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia.

Nos dous casos, os extractos das convocatorias publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Ourense e abrirase o prazo para solicitar as axudas.

As axudas poden chegar desde o 40% até o 85% do orzamento subvencionable: O 40% é a porcentaxe de subvención con carácter xenérico, que se pode elevar un 10% máis se a persoa demandante é residente na vivenda que rehabilita. A axuda pode chegar até o 85% tendo en conta factores como os ingresos da persoa solicitante, ou o tipo de obra, se se trata de mellora de accesibilidade para persoas maiores de 65 anos.

As subvencións darán apoio a proxectos de rehabilitación de elementos comúns de edificios de uso residencial, elementos privativos de edificios (interiores das vivendas) ou de edificios dunha soa vivenda, tanto a traballos de mantemento, como de conservación, seguridade, accesibilidade, ou mellora de eficiencia enerxética e sustentabilidade.