Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Urbanismo, Licenzas e Vivenda

Áreas

Anuncio ITE 2019

En 2019 teñen a obrigación de realizar a inspección técnica (ITE) os edificios construídos nos anos 1987 e 1988. O padrón de edificios pode consultarse nas oficinas administrativas da ITE situadas na rúa García Mosquera, n º 19 ou nesta páxina web, a través deste enlace ITE

No caso do incumprimento será considerado como infracción urbanística sancionable segundo os termos indicados na lexislación vixente

Liceza Museo arqueolóxico

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, anunciou que o Concello concedeu hoxe en Xunta de Goberno Extraordinaria a licenza de obra ao Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para o proxecto básico e de execución de rehabilitación arquitectónica do Museo Arqueolóxico, unha obra estimada en 11 millóns de euros, e que este ano xa conta con 400.000 euros nos orzamentos do Estado para a súa posta en marcha.

Vista do Casco Vello

O Concello de Ourense vén de realizar un importante avance nas políticas municipais de posta en valor dos barrios da cidade nas catro áreas de rehabilitación e reforma urbana (ARRU); O concelleiro de Urbanismo, José Cudeiro, resolveu esta mañá o programa de subvencións para un total de 96 proxectos. Estas obras suporán un investimento total de 1.022.366,28 euros, dos que 433.219,42 euros serán subvencionados polo Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia a través deste programa que desenvolve o Servizo de Rehabilitación do Concello.

Foto casco vello Ourense

Para o rexedor Jesús Vázquez este proxecto “é un novo exemplo do excelente diálogo” entre o Concello e a Xunta de Galicia, e “supón un paso cara adiante máis, xunto á próxima inauguración do mellor albergue de peregrinos da Ruta de la Plata, á hora de converter o Casco Vello nun espazo dinámico que atraigan a novas familias que fagan desta zona emblemática un espazo vivo”

As obras terán unha inversión superior aos 581.000 euros e un prazo de execución de 12 meses tras o seu inicio, e permitirán dispor de tres vivendas e un local

O Goberno Municipal considera prioritario favorecer o asentamento de familias na zona histórica da cidade para que sirvan coma punto de partida á recuperación demográfica e económica deste espazo da cidade

Concello de Ourense

O Concello de Ourense convoca aos afectados pola expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios para a execución da obra Proxecto integrador da Estación Intermodal de Ourense para o vindeiro 19 de xuño, ás 12,30 horas na sede da Área de Urbanismo e Vivenda (na rúa García Mosquera), co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación.

Foto fachada Concello
  • A dotación inicial este ano será de 1,3 millóns de euros, aportados polo Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia
  • A instancia para realizar a solicitude está colgada na web do Concello e o prazo para presentala é de dous meses
  • Este ano o proxecto presenta a novidade de cubrir obras no interior das vivendas particulares

Vista de Ourense dende As Burgas.

O xoves 1 de febrero a Xunta de goberno ven de aprobar o Plan Estratéxico de subvencións da Área de Urbanismo, que está publicado na web do concello para a súa consulta

O alcalde visita as obras

O alcalde de Ourense visitou as obras de mellora da accesibilidade na intersección entre as rúas Ramón Puga e Saínza, un proxecto que conta cun orzamento de 13.700,45 euros e que terá un prazo de execución dun mes.

Logo dos programas ARRU en Ourense

O martes 31 de outubro celebrarase un pleno extraordinario urxente para asinar os convenios de colaboración entre o Ministerio de Fomento, o IGVS e o Concello de Ourense en materia de actuacións nos ARRU do Casco histórico de Ourense (15ª fase), ARRU do NIE de Seixalbo (10ª fase), ARRU do Polvorín, Camelias e Carballeira (4ª fase), e ARRU de Serra San Mamede, Cruceiro Quebrado e Inmaculada (2ª fase).

Vista de Ourense dende As Burgas.

O Boletín Oficial da Provincia publica o 9 de outubro as bases xerais para as convocatorias de subvencións do custo económico da realización dos informes da Inspección Técnica de Edificios