Estes son os programas:
- Programa de acompañamento a maiores, menores, persoas con mobilidade reducida e persoas sen fogar
- Acompañamento a mulleres que atravesan por situación de violencia de xénero
- Programa de Voluntariado Ambiental do Concello de Ourense
- Programa de Voluntariado Urbano do Concello de Ourense
- Servizo de acompañamento hospitalario e Actividades semi-residenciais
- Voluntariado en eventos da Cidadá
- Voluntariado Europeo
- Voluntariado en Entidades de Acción Voluntaria
Normas de participación
- Destinatarios/as: Persoas maiores de 16 anos sen límite de idade
- Inscrición nos programas de Voluntariado- Para inscribirse nos distintos programas da Oficina Municipal de Voluntariado poderase facer a través de distintas vías:
- Deberán entregar o impreso de inscrición debidamente cuberto na Concellería de Voluntariado
- Tamén se pode entregar en horario de tarde na Oficina de Atención ao Cidadán.
- O impreso tamén se pode cubrir a través da ficha de inscrición que se atopa na páxina de Voluntariado do Concello.
Nos documentos que se achegan , podes ampliar información sobre os programas de voluntariado e descargar os impresos de inscrición