O Concello de Ourense Concellería de Voluntariado foi acreditado pola Comisión Europea, Programa Mocidade en Acción como organización de acollida, de envío e organización coordinadora no Servizo Voluntario Europeo, do Programa ERASMUS +
En que consiste?
O SVE enmárcase no programa europeo Erasmus+ e está financiado pola UE. É unha experiencia de aprendizaxe no ámbito da educación non formal, na que as persoas novas voluntarias melloran ou adquiren competencias para o seu desenvolvemento persoal, educativo e profesional, así como para a súa integración social.
Non está remunerado e non ten ánimo de lucro.
Todos os custos asociados (manutención, aloxamento, gastos de viaxe, etc.) á actividade están cubertos polo programa.
A duración do proxecto adoita ser entre un mínimo de 2 meses e un máximo de 1 ano. (a excepción dos voluntarios/as con menos oportunidades que poderan intervir en proxectos de menos duración)
Ao termo do SVE recíbese un certificado, o Youthpass, no que quedan reflectidas as competencias e habilidades adquiridas durante o proxecto.
A quen vai dirixido?
Mozos europeos entre 17 e 30 anos con ganas de vivir unha experiencia diferente.
Interesados en coñecer outras culturas, idiomas e costumes.
Non se require formación específica.
En que tipos de proxectos podes participar?
- Arte e cultura
- Comunicación
- Conciencia europea
- Deportes para a mocidade
- Dereitos humanos
- Desenvolvemento rural
- Drogodependencia
- Exclusión social
- Igualdade de oportunidades
- Información xuvenil
- Outros
Máis información
Oficina Municipal do Voluntariado
Dirección: Plaza San Martiño no2, Baixo
Teléfono e fax: 988388172 / 988318132