Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Xuventude

Áreas

A Concellería de Xuventude retoma polo Nadal o seu Torneo de Vídeoxogos (TMV) que este ano, debido á situación actual producida pola COVID 19, será en formato virtual e online. Nesta edición realizaranse dous torneos fixos no catálogo de todos os xogadores, o FIFA 21 e o Fortnite. Terá lugar dende o sábado 26 ao mércores 30 de decembro en horario de 19:00 a 21:30 horas.

Os torneos, dirixidos a mozos e mozas de 10 a 35 anos (ambos incluídos) serán retransmitidos online a través das canles de twitch e youtube, as plataformas de vídeo máis usadas para este tipo de encontros, e serán retransmitidos de forma íntegra.

Este programa municipal pretende instalar pautas de ocio que fomenten o desenvolvemento persoal a través do xogo, pero tamén fomentar as actividades de lecer positivo na situación actual que estamos a vivir.

Para a inscrición dos participantes utilizarase un formulario en liña, unha ferramenta sinxela que se pode encher dixitalmente a través de calquera medio electrónico: móbil, tableta, ordenador…

A Concellería de Xuventude aposta pola organización dun evento con estas características, que non só suporá unha actividade de lecer senón que tamén facilitará a participación de centos de participantes de diferentes lugares.

Para máis información:

Concellería de Xuventude

Tel: 988 38 81 54

Ou por correo electrónico: xuventude[arroba]ourense.es