Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Xuventude

Áreas

Presentación do 31 campamento urbano

A rapazada ourensá desfrutará este mes de agosto, por 31 ano consecutivo, do Campamento Urbano que organiza Amencer coa colaboración do Concello. Esta mañá no salón de plenos tivo lugar a presentación desta actividade, todo un referente no verán na cidade, que mobiliza a preto de 1.000 escolares.

Fachada Concello

O plan ten como obxectivos, entre outros, apoiar a realización de programas, proxectos ou actividades, que sendo considerados de interese, promoción social ou de utilidade pública para o Concello de Ourense no ámbito da mocidade, promovan as asociacións e entidades sen ánimo de lucro, e que van dirixidas de xeito prioritario a mocidade de 15 a 35 anos.

A inscrición é gratuíta e pode realizarse por correo electrónico ata o inicio do evento.

Sofía Godoy destacou que é unha actividade pioneira que achegará a Ourense grandes talentos do baile e dará visibilidade a todos os que practican baile urbano na cidade.

O xurado estará composto por tres expertos de recoñecido prestixio internacional e a música correrá a cargo dun dj lisboeta.

Fotografía de Silvia Castillo

O Espazo Lusquiños acolle, desde o día 5 até o 31 de decembro, a exposición Código cero, da fotografa madrileña Silvia Castillo, incluída no programa do Outono Fotográfico, e que nace froito dunha experiencia persoal. A mostra poderase visitar libre e de balde na Sala Benito Losada do Espazo Lusquiños da Mocidade, na Avenida de Marín, 16.

Inauguración da exposición

Jesús Vázquez, alcalde do Concello de Ourense; Dª. María Jesús Piñeiro, directora de institucións de CaixaBank en Galicia; e Julio Masid Bande, director de Viaqua en Galicia, presentaron hoxe a exposición ¡H2Oh! Os segredos da auga da túa cidade, unha mostra itinerante que pretende concienciar sobre o uso deste recurso tan prezado e, a súa vez, tan escaso.

Presentacion do torneo de Magic

O salón de plenos do Concello de Ourense acolleu a presentación da quinta edición do Torneo de 'Mágic' e Vídeoxogos (TMV), un evento de lecer alternativo que terá lugar no Espazo Lusquiños os días 7, 21 e 28 de outubro en horario ao público de 10:30 a 22:00 horas.

Espazo Lusquiños

Publicase a listaxe definitiva de grupos e solistas para a quenda de ensaios de outubro a marzo de 2018 nos locais de ensaio do Espazo Lusquiños da Mocidade.

Cartel de Galeuropa 2017

A Concellería de Xuventude do ven de publicar a acta da comisión avaliadora dos candidatos ao proxecto transnacional xuvenil do Concello de Ourense Galeuropa.

Os seleccionados para participar en Galeuropa presentarán no Rexistro do Concello no prazo de dous días hábiles, contados a partires da publicación no Taboleiro de Anuncios da relación de seleccionados: copia cotexada da tarxeta sanitaria europea ou solicitude desta e unha declaración xurada obrigatoria para poder facer a mobilidade. A non presentación desta documentación suporía a renuncia a participar no proceso.


O proxecto, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, ofrecía 5 prazas con destino a Irlanda e 4 con destino a Reino Unido. A mobilidade inclúe gastos de viaxe, manutenación, seguro, aloxamento, curso de idiomas e realización de prácticas formativas non remuneradas en empresas.


Para máis información descarga do (pdf) coa acta da comisión avaliadora.

Cartel de Galeuropa 2017

O Concello de Ourense ven de facer público o listado definitivo de admitidos e excluidos no programa Galeuropa 2017.

Cartel de Galeuropa 2017

Mozos e mozas de Ourense poderán desfrutar este ano dunha experiencia formativa en Irlanda e Reino Unido a través do programa Galeuropa. O proxecto de mobilidade transnacional xuvenil presentado polo Concello de Ourense foi aprobado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, polo que por segunda ocasión, mozos e mozas de Ourense terán a oportunidade de acceder a esta oportunidade formativa, que se desenvolverá desde o día 1 de outubro ata o 30 de novembro