O campo de hóckey de Mariñamansa será a sede da Fase Final do Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub 14, tanto masculino como feminino, que terá lugar do 26 ao 28 de febreiro.
O Concello de Ourense abriu o prazo para presentar traballos para os premios Risco de Creación Literaria e Poesía Cidade de Ourense, na súa edición de 2021.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, visitou esta mañá as obras de acondicionamento dun parque infantil, executadas polo Concello na localidade de Vilar de Astrés. Con esta actuación, a veciñanza dispón dun novo espazo de lecer, moi demandado, nas proximidades do local da asociación veciñal, nuns terreos municipais que se atopaban sen uso. O proxecto, cun orzamento de 48.392,16 euros dota unha nova área infantil de 398 metros cadrados de superficie, con pavimento de caucho absorbedor de impactos, dotada con diferentes elementos para o lecer da cativada, máis de 35 nenos e nenas.
A zona conta cunha tirolina de madeira de 25 metros, unha maxitorre de dúas alturas cunha randeeira (columpio) mixta, 3 balancíns, un con forma de tucán, outro con motivos relacionados co fútbol e outro con forma de elefante e unha torre barco cun panel de xogos e dous temóns. Completan o conxunto unha casiña infantil e unha pirámide de trepa, de 3,50 metros de altura fabricada con corda anti-vandálica e conectores de aluminio, situada sobre un areeiro de 55 m2 .
Tamén na localidade de Vilar de Astrés, o Concello realizou obras de acondicionamento e mellora da Praza de Vilar, un espazo municipal situado no inicio do núcleo de Vilar de Astrés, que dá acceso a vivendas unifamiliares na zona desde a OU-5026. A actuación consistiu en delimitar e pavimentar espazos peonís e de circulación rodada, coa finalidade de humanizar os espazos e mellorar a pavimentación, xunto coa mellora e adecentamento do acceso á fonte lavadoiro público situado na parte inferior. Tamén se instalaron novos bancos. O proxecto neste caso tiña un orzamento de 34.926,75€.
Na mesma zona, o Concello executou un terceiro proxecto, consistente na rexeneración de firme na estrada que dá acceso ao núcleo de Sartédigos, cun investimento de 48.132,88 euros. Neste caso, o obxectivo foi mellorar a vía que dá acceso a este núcleo desde a estrada OU-0526 para facilitar o acceso aos seus domicilios dos habitantes da zona.
Con motivo desta visita, o alcalde achegouse tamén até as obras que se están realizando tanto no punto limpo de Vilar de Astrés como na ampliación e mellora das instalacións da canceira municipal.
As tres obras forman parte do plan de investimentos no perímetro rural +RURAL do Concello de Ourense.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, reuniuse esta mañá con tres asociacións do barrio da Ponte -As Termas, Vía Vella e Andén Primeiro- para abordar os asuntos expostos pola veciñanza o pasado Nadal nunha caixa de correo dos desexos instalada na vella máquina do tren, entre eles, a propia restauración da locomotora.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, foi recibido esta mañá polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén Castro, para tratar unha axenda de temas importantes para as dúas administracións.
A cidade de Ourense contará cun novo e céntrico espazo para o lecer dos cidadáns: estará emprazado entre o Parque de San Lázaro -e servirá como continuación deste-, fronte á Subdelegación do Goberno.
O Concello iniciará este mércores, 17 de febreiro, as obras de acondicionamento e reparación do Punto Limpo das Eiroás, na estrada de Vilar de Astrés, co obxectivo de reforzar o control da separación e reciclaxe de residuos, e para facilitarlle á cidadanía o fomento destas prácticas.
A reconstrución das Termas da Chavasqueira podería ser autorizada no próximo mes de xuño. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, José Antonio Quiroga, mantiveron unha xuntanza esta mañá a través de videoconferencia para avanzar en diferentes proxectos que ambas entidades teñen en marcha na cidade.
O Concello de Ourense convoca unha nova edición do Premio Clara Campoamor á igualdade de oportunidades, un certame, que organiza a Concellería de Igualdade co obxectivo de poñer en valor o traballo que diversos colectivos, organismos e persoas, preferentemente do noso municipio, levan a cabo de maneira exemplar e concienciada no ámbito da promoción da igualdade de xénero. Malia as restricións existentes na actualidade como consecuencia da pandemia da COVID-19, o goberno municipal decidiu manter esta convocatoria, adaptándoa a este novo escenario.
A Concellería de Educación inicia un programa de saúde e protección escolar fronte á Covid 19 dirixido a un milleiro de alumnos de Primaria, ESO e Bacharelato na cidade, en colaboración con profesionais sanitarios, para resolver as dúbidas sobre a pandemia e sobre as medidas de prevención e hixiene establecidas nos protocolos escolares.
A nova estación de Autobuses de Ourense entrou está en servizo dende o pasado sábado, na rúa Eulogio Gómez Franqueira. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asistiu a posta en servizo da estación de autobuses, no barrio da Ponte, acompañado pola conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez.
Segundo datos da Xunta de Galicia, a nova estación de autobuses de Ourense conta con máis de 7.300 m², 16 dársenas para autocares e un edificio de viaxeiros de máis de 700 m². Ponse en servizo coa previsión de albergar case 80.000 expedicións e 400.000 viaxeiros ao ano. Nas súas instalacións operará un total de 102 liñas de autobús autonómicas e outras 10 nacionais e internacionais.
4.390 autónomos da cidade serán beneficiarios das axudas que o Concello de Ourense puxo en marcha para apoiar o colectivo ante a crise provocada pola pandemia da COVID-19.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome considera “intolerable” que o goberno central rexeite as alegacións realizadas por Democracia Ourensana e por diferentes asociacións e entidades da nosa cidade ao estudio informativo da estación intermodal.
O Boletín Oficial da Provincia fai públicas hoxe as bases xerais para a selección de persoal funcionario interino e laboral temporal do Concello de Ourense así como do Consello Municipal de Deportes. Coa súa publicación [consultar BOP] entrarán en vigor dende mañá, 5 de febreiro.
O Concello de Ourense volverá agasallar este verán cun libro a todos os nenos e nenas da cidade, de 0 a 18 anos de idade. Será un exemplar á súa escolla, por importe de até 20 euros que poderán retirar en calquera das librarías da cidade.
O Boletín Oficial da Provincia de Ourense recolle hoxe unha modificación das bases específicas para a provisión por oposición de 12 prazas de bombeiro-condutor do Concello de Ourense.
A xunta de goberno local do Concello de Ourense acordou en xuntanza celebrada esta mañá renovar por un ano o contrato para a instalación de iluminación de Nadal na cidade. “O ano 2020 tivemos a mellor iluminación da historia de Ourense, e a de 2021 será aínda mellor”, asegura o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen avanza que “se mellorará a calidade ao dispoñer de máis tempo para deseñar”.
O Concello organizará, durante o mes de marzo na sala Valente, unha gran exposición con máis de 50 personaxes tradicionais do Entroido ourensán.
O Pleno do Concello de Ourense do mes de febreiro celebrarase o venres, día 12, en formato telemático e incluirá na súa orde do día a aprobación inicial da suspensión da aplicación da taxa de veladores durante os anos 2020, 2021 e 2022.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome asistiu esta mañá á recepción das obras de humanización e mellora da accesibilidade da rúa de Arias Páez e a súa zona de confluencia. Ao acto de entrega tamén asistiron o interventor do Concello e técnicos da empresa que executou as obras. Os traballos supuxeron un investimento total de 212.743,41 euros (IVE incluído)