Buscador Concello de Ourense
- 10:00 horas. Liceo de Ourense.
A Concellería de Educación organiza a VII xornada de dinamizadores do Programa de Saúde Integral SI!, da Fundación SHE, dirixido ao profesorado dos centros educativos. Aa especialista Carmen Vélez impartirá o relatorio 'Movimiento sano y consciente'.
- 11:00 horas. Centro Cívico de A Ponte.
A concelleira de Sanidade, Sofía Godoy, asiste á festa aniversario da Asociación Por eles TEA (dedicada ao autismo).
- 11:30 horas. Centro Cívico de A Ponte.
A concelleira de Sanidade, Sofía Godoy, asiste ao encontro de familias adoptantes organizado pola Asociación Manaia. Organizan, durante todo o día, charlas e relatorios, así coma un picnic no centro.
- 20:00 horas. Auditorio Municipal. Sala principal.
Concerto de Coti. Cercanías y confidencias, Capítulo II. O proxecto máis íntimo do cantante e compositor Coti. Entradas a partir de 15 €, anticipadas en ataquilla.com e no mesmo día do espectáculo na billeteira desde dúas horas antes.
- 20:30 / 21:30 horas. 'A hora do planeta'.
O Concello de Ourense adhírese á iniciativa 'A hora do planeta' e apagará as luces dos edificios e monumentos máis emblemáticos de 20:30 a 21:30 horas, unha iniciativa que se desenvolve en todo o mundo.
- 21:30 horas.
Ponte romana iluminada de amarelo en apoio ás mulleres con endometriose (a petición da Asociación querENDO)