Buscador Concello de Ourense
- 10:30 horas. Pavillón dos Remedios (cancha central).
XI Torneo Primavera de Ximnasia Rítmica Cidade de Ourense. 556 ximnastas de 28 clubs. Horario: de 10:30 a 14:00 horas e de 15.30 a 18:30 horas. Retransmitido en directo a través do espazo web www.cxpavillonourense.com.
- 11:00 horas. Igrexa parroquial de Santo Domingo.
A Corporación Municipal asiste á misa na honra do San Lázaro e, de seguido, á procesión ata o Convento dos PP. Franciscanos.
- 11:00 horas. Pavillón polideportivo de Oira.
Market & Merka. Organizado pola asociación Comercio Vivo en colaboración do Concello de Ourense, cunha trintena de negocios da nosa cidade. Horario: de 11:00 a 14:30 horas, e de 17:00 a 21:00 horas.
- 11:45 horas. Parque San Lázaro.
Alborada cos gaiteiros 'Gomes Mouro' e cabezudos polas rúas do Paseo, Santo Domingo e parque San Lázaro.
- 12:00 horas. Auditorio Municipal (sala azul).
'Ummm!', de Avento Teratro. Teatro infantil.
Sinopse: Unha comedia musical para chuchar os dedos. A pastelaría de dona Remedios ten cada vez menos clientes porque a súa dependenta, Ana, só sabe facer boliños de crema. Para facer fronte a este problema, dona Remedios decide contratar un novo axudante con novas ideas para os doces que a xente está a demandar nestes días. Recomendado: de 3 a 8 anos. Entradas: 3€.
- 12:30 horas. AA.VV. Peliquín.
Membros da Corporación municipal visitan os locais da Asociación de Veciños do Peliquín, no marco do tradicional programa de actividades con motivo do San Lázaro. O barrio de Peliquín tamén celebra o San Lázaro, desde que na década dos 80 a igrexa que estaba no Parque de San Lázaro foi levada e reconstruída en Peliquín.
- 13:00 horas. Parque San Lázaro.
Queima de Madamitas a cargo da Pirotecnia Josman.
- 19:00 horas. Auditorio Municipal. 'Las amígdalas de mis amígdalas...' Luis Piedrahíta. ICC WEEK.
Sinopse: Un show de Luís Piedrahita pensado para xente esixente, aseada e con sentido do humor. Deste espectáculo díxose que é unha das obras máis enxeñosas, brillantes e poéticas do século XXI. Per se cadra foi o propio Piedrahita quen o dixo... Entradas: desde 15€