Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

Xosé Luis Seara Fernández

Xosé Luis Seara Fernández

Teño a titulación de Diplomado en Maxisterio, obtida pola escola Universitaria de Ourense na especialidade de Educación Preescolar. Nacín en Ourense  o 31 de maio de 1964 na popular rúa do Vilar. A carón do emblemático xardín do Posío. Fun concelleiro e portavoz en A Merca de 1995 a 2007, Na actualidade ostento a nivel orgánico o cargo de responsable local do BNG e membro do Consello Nacional,  máximo órgano entre asambleas. 

Son un apaixoado da música, do cine e do deporte. Cursei estudos de música no Conservatorio de Ourense e practiquei deporte desde moi novo. Comecei a xogar desde alevín e con 14 anos din o satlo á categoría maior do fútbol provincial, sendo precisa unha autorización da federación Galega para poder facelo.  Encántanme os animais, teño 2 cans, e viaxar. Detesto a inxustiza, a mentira e a soberbia. Amo á miña Patria, GALIZA.

Nado en Ourense o 16 de xuño de 1965

Datos Académicos

1.    Licenciatura

-        Lcdo. en Filosofía e CC. da Educación, sección Psicoloxía, especialidade de Psicoloxía Social e do Traballo. Universidade de Santiago de Compostela (xullo de 1989),

-        Especialidade de Psicoloxía Clínica. UNED (xuño de 1995).

2.    Estudos de Terceiro Ciclo

-        Programa “Psicoloxía Clínica e da Saúde” (1995-1997).

3.    Cursos de especialización

-        Especialización en psicodrama. Cátedra de psiquiatría da facultade de medicina (Santiago de Compostela, 1986-1987).

-        Especialista en rehabilitación psicosocial de persoas con trastornos mentais crónicos. Cátedra de psiquiatría da facultade de medicina (Santiago de Compostela, 1994-1995).

-        Curso de Aptitude Pedagóxica (CAP). Universidade de Vigo (2004-2005).

 

4.    Master

-        Master en Dirección de Recursos Humanos. Instituto de Empresa (Madrid, 1989-1990)

5.    Tese de doutoramento

-        “Naturaleza y alcance de la adicción a la compra en la población urbana de Galicia. Un estudio empírico”. Universidade de Vigo (2004).

Experiencia laboral, docente e investigadora

1.    Psicólogo responsable de selección de persoal (Unión Carrocera, S. A. 1991-1992)

2.    Psicólogo responsable de intervención psicolóxica con persoas en situación de discapacidade psíquica (Fundación San Rosendo, 1993-1996)

3.    Profesor asociado (Universidade de Vigo, 1997)

4.    Bolseiro predoutoral (Universidade de Santiago de Compostela, 1997-2000)

5.    Persoal investigador (Universidade de Santiago de Compostela, diversos proxectos, 1998-2007)

6.    Psicólogo responsable do tratamento de adiccións e orientador escolar (CEGAPSE, 2005-2008)

7.    Xerente (Vilarsat aparatoloxía clínica, 2005-2007)

8.    Alcalde de Amoeiro (2007-2019)

9.    Profesor asociado (Universidade de Vigo, 2010-actualidade)

Autor de diversos libros, capítulos e artigos científicos referidos ao comportamento adictivo

Ex.

-        Los problemas de la bebida: un sistema de tratamiento paso a paso. Ediciones Pirámide, 1997.

-        Adicción a la compra. Analisis, evaluacion y tratamiento. Ediciones Pirámide, 2001.

Consumismo. Nova Galicia Edicións, Vigo, 2006.