Goberno
DOCUMENTOS:
No concelleiro e membro da Xunta de Gobierno local, don Armando Ojea Blanco, o alcalde de Ourense Gonzalo Pérez Jácome, delega o exercicio das seguintes atribucións en relación coa Área de Recursos Humanos; Facenda e Contratación, Educación, Promoción Económica, Recursos Europeos e Formación Ocupacional
Recursos Humanos
Facenda; comprende:
fiscalización
recadación
xestión orzamentaria
contabilidade
inspección de rendas.
Contratación.
Educación; comprende:
Universidade.
Escolas infantís.
Programas dirixidos á comunidade educativa e programas dirixidos á poboación en xeral, nos que se inclúe a Universidade Popular, a Aula da Natureza, a Escola de Artes Escénicas, a Escola Municipal de Idiomas e as Bibliotecas Municipais.
Limpeza de centros educativos e mantemento de servizo de conserxería dos CEIPs.
Promoción Económica, industria, emprego e recursos europeos; comprende:
Centro de Iniciativas Empresariais.
Centro de coñecemento "A Molinera".
Formación Ocupacional; comprende:
Escolas taller e obradoiros de emprego.
Ao concelleiro Armando Ojea Bouzo atribúeselle a Portavocía do Goberno municipal
No concelleiro e membro da Xunta de Goberno local don Telmo Manuel Ucha Álvarez, o alcalde de Ourense Gonzalo Pérez Jacome delega o exercicio das seguintes atribucións en relación coas Áreas de Política social, Igualdade e saúde, Participación Cidadá, Xuventude, Turismo e Termalismo, Servizos xerais, Transparencia, Sistemas de Información, Seguridade cidadá, Comercio, Mobilidade e Transporte:
Asuntos Sociais; comprende:
Servizos sociais comunitarios básicos e servizos sociais comunitarios específicos e os seus equipamentos.
Fogar do Transeúnte.
Gardería monoparetal.
Centros cívicos.
Programas de integración sociolaboral dirixidos a colectivos en risco de exclusión social, inmigrantes, discapacitados, minorías étnicas, de favorecemento da conciliación e apoio a estrutura familiar, e envellecemento activo de maiores.
Limpeza e mantemento de centros sociais (centros cívicos, Casa da Maxía, Casa da Mocidade).
Muller e Igualdade:
Muller (inclúe Centro de Información á Muller e Casa de Acollida).
Políticas de Igualdade.
Saúde:
Servizos mortuorios e cemiterios.
Prevención sanitaria.
Unidade de Condutas Aditivas.
Aula de saúde.
Unidade de día.
OMIC (Oficina Municipal de Información ao Consumidor).
Protectora de animais.
O exercicio das competencias que á Alcaldía lle atribúe a Lei 11/2010, do 17 de decembro, de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade, ou normativa que a substitúa.
O exercicio das competencias que á Alcaldía lle atribúe a Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañia de Galicia, ou norma que a substitúa.
Participación cidadá.
Xuventude; comprende:
Casa da Mocidade.
Voluntariado.
Turismo.
Termalismo.
Servizos xerais; comprende:
Parque móbil.
Padrón e estatística.
Rexistro xeral.
Arquivo.
Órganos de Goberno (inclúe protocolo e representación, dietas concelleiros/as, transferencias institucionais, etc...).
Participación en feiras e exposicións.
Xestión de edificios municipais (inclúe mantemento e inversión en dependencias municipais).
Protección de datos.
Rexistro de parellas de feito.
Prensa e comunicacións.
Compras e subministros: Oficina de compras.
Transparencia e xestión de calidade dos servizos.
Sistemas de información.
Seguridade Cidadá: comprende,
Policía Local.
Tráfico e expedientes sancionadores.
Servizo de extinción de Incendios.
Protección civil.
Comercio: comprende,
Mercados.
Prazas de abastos.
Comercio local.
Matadoiro.
Transporte público e mobilidade.