Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

 

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

 

O 18 de agosto de 2020 a Xunta de Galicia anunciaba o inicio das obras de acondicionamento da Rúa Marcelo Macías en Ourense, cunha inversión total de 1,7 millóns de euros e un prazo de execución de 12 meses. As actuacións abarcarían os 1,3 km de lonxitude da vía e consistirían fundamentalmente na renovación do firme, mellora de beirarrúas, renovación de abastacemento e saneamento e instalación dunha nova iluminación para maior seguridade viaria.

Dende o inicio das obras, os técnicos municipais cursaron ata 3 visitas ás mesmas (outubro e novembro de 2020, e xaneiro de 2021), remitindo extensos informes das deficiencias detectadas na execución á Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), ademais de esixir a convocatoria da obrigada comisión de seguimento das obras, onde deben estar presentes representantes da AXI e do propio Concello de Ourense. A resposta foi nula por parte da Xunta de Galicia, a obra seguiu avanzando, as queixas non foron respostadas e por suposto non foron arranxadas debidamente aínda a día de hoxe, 6 meses despois do seu inicio.

Consideramos que unha obra tan necesaria e importante para a cidade (hai que recordar que a rúa Marcelo Macías levaba agardando máis dunha década dende as últimas reformas) se convertirá, se ninguén o remedia, en outra oportunidade perdida e nun malgasto de cartos públicos, como ocorreu recentemente no caso das obras da Avda. Otero Pedrayo executadas anteriormente pola propia Xunta de Galicia. No canto de facerse unha reforma de calidade e de futuro teremos unha nova chapuza, na liña do desleixo e pasividade do PP con Ourense nesta materia.

Entre as principais eivas observadas e informadas polos técnicos municipais e que seguen sen subsanarse aínda a día de hoxe están:

  • Non constitución da comisión de seguimento das obras, formada por representantes de AXI edo Concello de Ourense, imprescindible para un correcto seguimento e valoración de resultados,que estárecollida no propio convenio.
  • Ausencia de resposta por parte da AXI ás incidencias trasladadasata o de agora, eivascualitativas e cuantitativas na execución da obra, das cales non se comunicou nin acreditou queforan resoltascada unha delas.
  • Deficiente execución de bordos.Bordos con capa de baixo espesor de formigón, demasiadocurtose nalgún caso con espazo desigual entre as xuntas,ouemprego de morteiros caducados.
  • Deficienteexecuciónderecheodegabias.Recheossenaxustarseaocontempladonoprego,quecausaránproblemasnaconducióndepluviaisconfuturosafundimentosdeterreo,quetampoucocontan co ancho mínimo necesario.
  • Deficientes conexións con redes de servizos existentes.Total descontrol das actuacións nestesentido.
  • Deficientes execución de actuacións en redes municipais de saneamento e abastecemento.Ostubosnoncumprencoascaracterísticasestablecidasnopregoealgunhaspezasdeconexiónnin sequera están homologadas e estanse a usar. A execución da rede de saneamento non gardaas calidades técnicas esixidas no proxecto de construción. As acometidas de saneamento dosedificios existentes deberían ser substituídas ata fachada, que non se está a facer, e conectalos árede mediante saídas directas a pozo ou a través de conexións mediante inxerto clip. Isto vai aprovocar que durante a execución das obras se poidan dar fugas ou atascos na rede e taménno futuro afundimentos de firme. Instalación de tubo de fundición dúctil da rede non executadocorrectamente e que tampouco se axusta ao esixido no proxecto. Advertiuse que as redes desaneamentodebenestarinstaladasfóradascalzadaseevitandoxirosbruscosoucodos,oubencoscorrespondentes macizos de ancoraxe,e tampouco se estáa cumprir.
  • Deficiente execución de arquetas de alumeado público. Solicitouse que se cambiaran todas asarquetas existentes por unhas novas sen que esto se estea a cumprir. Advertiuse que as sinaisinformativas das obras estaban aparafusadas en soportes de iluminación pública e solicitarondende o Concello a súa retirada, a reparación dos danos causados e a colocación dun sistema debridasou abrazaderas que non danara as instalacións de iluminación pública,tamén sen éxito.
  • Deficiente execución de canalización de alumeado público. A execución do recrecido dos pozosde rexistro fíxose de maneira arbitraria, sen reponer as pesas rotas existentes. As instalaciónseléctricas atópanse tamén sen protección podendo causar accidentes, e as bases para ainstalación dos semáforos están desniveladas e ao incorporalas conxuntamente co alumeado, estoconlevará que no futuro cada reparación ou avaría semafórica provocará cortes de luz parapoderserarranxada.

 

O 11 de febreiro de 2021 o Goberno da Xunta de Galicia anunciaba a súa intención de adiantar a primavera o remate das obras na rúa Marcelo Macías, antes do verán como estaba previsto no contrato, co fin, segundo eles, de reducir as molestias causadas aos veciños e veciñas, pero obviando que a execución das obras non se está a axustar ao establecido nos pregos de licitación e ningunha das eivas denunciadas polo Concello foron sequera contestadas ou subsanadas.

Esta nova levaría consigo que poderían rematar as obras e acabar sendo unha chapuza, sen que o Concello puidera recepcionalas e con graves consecuencias a longo prazo para a conservación e mantemento da rúa, que repercutirían tamén en todos os veciños e veciñas.

Por todo o exposto, o Grupo Municipal Socialista presenta neste Pleno, para a súa aprobación, a seguinte proposta de ACORDO:

1. Instar á Xunta de Galicia a que convoque de maneira urxente a Comisión de Seguimento das Obras de Reforma da Rúa Marcelo Macías e se solventen todas as deficiencias observadas e informadas polos técnicos municipais, consonte ao recollido nos propios pregos de licitación e proxecto de execución, antes do seu remate e previamente á recepción das obras por parte do Concello de Ourense.

Emenda presentada polo Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego

EMENDA DE ENGÁDEGA:

 

TEXTO INICIAL DA PROPOSTA DE ACORDO:

1. Instar á Xunta de Galicia a que convoque de maneira urxente a Comisión de Seguimento das Obras de Reforma da Rúa Marcelo Macías e se solventen todas as deficiencias observadas e informadas polos técnicos municipais, consonte ao recollido nos propios pregos de licitación e proxecto de execución, antes do seu remate e previamente á recepción das obras por parte do Concello de Ourense.

PROPOSTA DE ENGÁDEGA:

2. Reprobar a pasividade da Xunta de Galiza ante os informes dos técnicos municipais nos que advirten serias deficiencias tanto na execución das obras como nos materiais empregados.

REDACCIÓN FINAL DA PROPOSTA DE ACORDO:

1. Instar á Xunta de Galicia a que convoque de maneira urxente a Comisión de Seguimento das Obras de Reforma da Rúa Marcelo Macías e se solventen todas as deficiencias observadas e informadas polos técnicos municipais, consonte ao recollido nos propios pregos de licitación e proxecto de execución, antes do seu remate e previamente á recepción das obras por parte do Concello de Ourense.

2. Reprobar a pasividade da Xunta de Galiza ante os informes dos técnicos municipais nos que advirten serias deficiencias tanto na execución das obras como nos materiais empregados.

Emenda presentada polo Grupo Municipal do Partido Popular

EMENDA DE SUSBTITUCIÓN:

 

TEXTO INICIAL:

1.-Instar á Xunta de Galicia a que convoque de maneira urxente a Comisión de Seguimento das Obras de Reforma da Rúa Marcelo Macías e se solventen todas as deficiencias observadas e informadas polos técnicos municipais, consonte ao recollido nos propios pregos de licitación e proxecto de execución, antes do seu remate e previamente á recepción das obras por parte do Concello de Ourense.

SUBSTITUCIÓN:

Instar o Goberno Municipal a establecer canles de comunicación, colaboración e supervisión para o desenvolvemento das obras de reforma da rúa Marcelo Macías, coa fin de culminar a reforma coas maiores garantías para a veciñanza da cidade, así como para o resto de actuacións contempladas no protocolo asinado en 2018.

NOVA REDACCION FINAL:

Instar o Goberno Municipal a establecer canles de comunicación, colaboración e supervisión para o desenvolvemento das obras de reforma da rúa Marcelo Macías, coa fin de culminar a reforma coas maiores garantías para a veciñanza da cidade, así como para o resto de actuacións contempladas no protocolo asinado en 2018.

O Pleno do Concello, por doce votos a favor do Grupo Municipal do Partido Popular, de don Gonzalo Pérez Jácome, don Armando Ojea Bouzo e de don Telmo Manuel Ucha Álvarez, do Grupo Municipal de Democracia Ourensana e do Grupo Municipal de Ciudadanos,; e quince votos en contra do Grupo Municipal PSdeG-PSOE, do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego, de dona María Teresa Rodríguez Garrido, don José Miguel Caride Domínguez e dona María del Mar Fernández Dibuja, do Grupo de Democracia Ourensana, e de Don Manuel Álvarez Fernández, concelleiro non adscrito, adoptou o seguinte ACORDO: Rexeitar a emenda do Partido Popular.

O Pleno do Concello, por dezasete votos a favor do Grupo Municipal PSdeG-PSOE, do Grupo Municipal de Ciudadanos, do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego, de dona María Teresa Rodríguez Garrido, don José Miguel Caride Domínguez e dona María del Mar Fernández Dibuja, do Grupo de Democracia Ourensana e de Don Manuel Álvarez Fernández, concelleiro non adscrito; sete votos en contra do Grupo Municipal do Partido Popular; e tres abstencións de don Gonzalo Pérez Jácome, don Armando Ojea Bouzo e de don Telmo Manuel Ucha Álvarez, do Grupo Municipal de Democracia Ourensana, adoptou o seguinte ACORDO: Aceptar a emenda do Bloque Nacionalista Galego.

Polo tanto, a moción vén dada coa redacción da emenda do Bloque Nacionalista Galego.

  8/04/2021: Remitido acordo plenario a Gabinete de Alcaldía. Recibido aviso de recepción o 9/04/2021.

 

Documentos: