Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O feito de ter unha mascota é un acto de suma responsabilidade e compromiso co seu benestar. É algo que saben e practican perfectamente aquelas persoas que as posúen.

Mais ese compromiso ten que loitar, lamentablemente, con accións delictivas, infames e covardes de determinados individuos que estanse a adicar a distribuir cebos envelenados ou con alfileres (o cal amosa unha maldade sen límites) en rúas da nosa cidade desde hai xa varios anos. Así, zonas como a avenida de Santiago, Río Mao, Oira, o paseo de Outariz, as inmediacións da Ponte do Milenio, o propio parque de San Lázaro ou o parque canino ao carón de Salesianos teñen sido obxecto destes ataques contra as mascotas, deixando estas trampas que supoñen un risco de morte para aqueles cans que os inxiren, como pasou, lamentablemente esta semana.

Determinadas asociacións e colectivos están a realizar un traballo de información e concienciación, sobre todo a través das redes sociais, fundamental para visibilizar este problema tan serio. Pois non debemos obviar que a crueldade e maldade que provoca deixar veleno ou cebos con alfileres nas rúas pode ter consecuencias moi graves e imprevisibles, tanto para os animais, como para as persoas.

Os representantes políticos neste Concello non podemos mirar cara outro lado ante un problema que preocupa, e moito, ás familias que teñen a unha mascota entre os seus membros. Mais tamén pode afectar á imaxe da nosa cidade, que sempre foi aberta, hospitalaria e segura para todos, incluindo nesa totalidade a todos os habitantes que nela viven, tanto seres humanos como mascotas.

A protección da vida de todos os habitantes de Ourense debe ser sempre unha máxima prioridade. E quen pretenda atentar contra algo tan incuestionable dun xeito tan ruin, non debe quedar impune.

Por iso, desde o Grupo Municipal do PP no Concello de Ourense ,solicitamos os seguintes

ACORDOS:

1.- Que o Concello de Ourense incremente a vixiancia nas zonas onde de xeito recurrente teñen aparecido cebos envelenados ou con alfileres.

2.- Que nos lugares onde se produzan incidentes con cebos envenelados ou con alfileres e que conten con cámaras de videovixiancia nas cercanías, estas sexan revisadas no momento en que se produza unha denuncia.

3.- Que o Concello de Ourense instale cámaras de videovixiancia en todos os parques caninos da cidade.

4.- Que se adique, se é posible en canto a efectivos, unha brigada específica da Policía Local para a especial vixiancia destes delitos.

5.- Que se habilite, por parte do Concello de Ourense, un teléfono específico para que os veciños poidan denunciar de xeito inmediato calquera actividade sospeitosa deste tipo.

6.- Que o Concello realice unha campaña institucional de concienciación sobre este asunto e a necesidade de converter a Ourense nunha cidade segura para as mascotas, con información pormenorizada dos lugares onde se producen incidencias para que as persoas poidan protexer ás súas mascotas.

Emenda presentada polo Grupo Municipal PSdeG-PSOE.

EMENDA DE ENGÁDEGA:

PUNTOS DA PROPOSTA:

  1. Que o Concello de Ourense incremente a vixiancia nas zonas onde de xeito recurrente teñen aparecido cebos envelenados ou con alfileres.

  1. Que nos lugares onde se produzan incidentes con cebos envenelados ou con alfileres e que conten con cámaras de videovixiancia nas cercanías, estas sexan revisadas no momento en que se produza unha denuncia.

  1. Que o Concello de Ourense instale cámaras de videovixiancia en todos os parques       caninos da cidade.

  1. Que se adique, se é posible en canto a efectivos, unha brigada específica da Policía Local para a especial vixiancia destes delitos.

  1. Que se habilite, por parte do Concello de Ourense, un teléfono específico para que os veciños poidan denunciar de xeito inmediato calquera actividade sospeitosa deste tipo.

  1. Que o Concello realice unha campaña institucional de concienciación sobre este asunto e a necesidade de converter a Ourense nunha cidade segura para as mascotas, con información pormenorizada dos lugares onde se producen incidencias para que as persoas poidan protexer ás súas mascotas.

TEXTO DE ENGÁDEGA:

  1. Instar ao Concello de Ourense a que convoque unha reunión coa Xunta Local de Seguridade por medio da Subdelegación de Goberno para abordar, entre outros temas, a aparición de cebos con alfinetes en múltiples parques da cidade.

  1. Que o Concello reabra a oficina de denuncias eliminada polo bigoberno do PP-DO.

SENDO OS SEGUINTES PUNTOS DE ACORDO OS DEFINITIVOS:

Emenda presentada polo Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego

EMENDA DE SUSBTITUCIÓN:

TEXTO ORIXINAL DA PROPOSTA DE ACORDO

1.- Que o Concello de Ourense incremente a vixiancia nas zonas onde de xeito recurrente teñen aparecido cebos envelenados ou con alfileres.

2.- Que nos lugares onde se produzan incidentes con cebos envenelados ou con alfileres e que conten con cámaras de videovixiancia nas cercanías, estas sexan revisadas no momento en que se produza unha denuncia.

3.- Que o Concello de Ourense instale cámaras de videovixiancia en todos os parques caninos da cidade.

4.- Que se adique, se é posible en canto a efectivos, unha brigada específica da Policía Local para a especial vixiancia destes delitos.

5.- Que se habilite, por parte do Concello de Ourense, un teléfono específico para que os veciños poidan denunciar de xeito inmediato calquera actividade sospeitosa deste tipo.

6.- Que o Concello realice unha campaña institucional de concienciación sobre este asunto e a necesidade de converter a Ourense nunha cidade segura para as mascotas, con información pormenorizada dos lugares onde se producen incidencias para que as persoas poidan protexer ás súas mascotas.

TEXTO ALTERNATIVO

1.- Que o Concello de Ourense, demande a través da Xunta Local de Seguridade, a colaboración do resto de forzas de seguridade con presenza no termo municipal, e dicir, Policía Nacional e Policía autonómica, incremente a vixiancia nas zonas onde de xeito recurrente teñen aparecido cebos envelenados ou con alfileres.

2.- Que nos lugares onde se produzan incidentes con cebos envenelados ou con alfileres e que conten con cámaras de videovixiancia nas cercanías, estas sexan revisadas no momento en que se produza unha denuncia.

3.- Que o Concello de Ourense inste á subdelegación do Goberno en Ourense a permitir que os axentes da Policía Local poidan, previo informe xustificativo e motivado, exercer tarefas de vixilancia e control sen a obrigatoriedade de levar posto o uniforme policial.

4.- Que o Concello de Ourense sinalice con cartaces de “zona de especial vixianza” os canís do concello, solicitando unha maior coordinación das forzas de orde público que actúan na cidade para aumentar a súa presenza nestas zonas.

5.- Que o Concello realice unha campaña institucional de concienciación sobre este asunto e a necesidade de converter a Ourense nunha cidade segura para as mascotas, con información pormenorizada dos lugares onde se producen incidencias para que as persoas poidan protexer ás súas mascotas.

REDACCIÓN FINAL DA PROPOSTA DE ACORDO

1.- Que o Concello de Ourense, demande a través da Xunta Local de Seguridade, a colaboración do resto de forzas de seguridade con presenza no termo municipal, e dicir, Policía Nacional e Policía Autonómica, incremente a vixianza nas zonas onde de xeito recorrente teñen aparecido cebos envelenados ou con alfinetes.

2.- Que nos lugares onde se produzan incidentes con cebos envelenados ou con alfinetes e que conten con cámaras de videovixianza nas cercanías, estas sexan revisadas no momento en que se produza unha denuncia.

3.- Que o Concello de Ourense inste á Subdelegación do Goberno en Ourense a permitir que os axentes da Policía Local poidan, previo informe xustificativo e motivado, exercer tarefas de vixianza e control sen a obrigatoriedade de levar posto o uniforme policial.

4.- Que o Concello de Ourense sinalice con cartaces de “zona de especial vixianza” os canís do concello, solicitando unha maior coordinación das forzas de orde público que actúan no termo municipal para aumentar a súa presenza nestas zonas.

5.- Que o Concello realice unha campaña institucional de concienciación sobre este asunto e a necesidade de converter a Ourense nunha cidade segura para as mascotas, con información pormenorizada dos lugares onde se producen incidencias para que as persoas poidan protexer ás súas mascotas.

O Pleno do Concello, por dous votos a favor do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego; catorce votos en contra do Grupo Municipal do Partido Popular, do Grupo de Democracia Ourensana e don Manuel Álvarez Fernández, concelleiro non adscrito; e once abstencións do Grupo Municipal PSdeG-PSOE e do Grupo Municipal de Ciudadanos, adoptou o seguinte ACORDO: Rexeitar a emenda do BNG.

O Pleno do Concello, por quince votos a favor do Grupo Municipal PSdeG-PSOE, do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego, de dona María Teresa Rodríguez Garrido, don Miguel Caride Domínguez e dona María Fernández Dibuja, do Grupo de Democracia Ourensana e de don Manuel Álvarez Fernández, concelleiro non adscrito; oito votos en contra do Grupo Municipal do Partido Popular e de don Telmo Manuel Ucha Álvarez, do Grupo de Democracia Ourensana; e catro abstencións de don Gonzalo Pérez Jácome e don Armando Ojea Bouzo, do Grupo de Democracia Ourensana e do Grupo Municipal de Ciudadanos, adoptou o seguinte ACORDO: Aceptar a emenda do PSdeG-PSOE.

Polo tanto, a redacción da moción vén dada polo texto da emenda do PSdeG-PSOE.

  8/04/2021: Remitido acordo plenario a don Telmo Manuel Ucha Álvarez. Recibido aviso de recepción o 9/04/2021.

Documentos: