Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O 18 de febreiro de 2021, a Comisión de Cultura e Deportes do Congreso dos Deputados aprobou unha proposición non de lei que recoñecía a natureza esencial da actividade física e do deporte.

Esta proposición, iniciada polo Grupo Popular e apoiada polo Partido Socialista, pon de manifesto a necesidade de que os veciños teñan unha oferta de actividade física e saúde de calidade.

A día de hoxe, a amplitude das disciplinas deportivas é enorme, con deportes individuais, de equipo, de contacto, etc.

Derivado desta pandemia cobraron aínda máis importancia as disciplinas deportivas que se desenvolven ao aire libre, co que a súa oferta cremos que debe ser reforzada.

Entre estas disciplinas hai un grupo, os denominados “deportes urbanos”, que se atopan en constante crecemento a nivel mundial nos últimos anos. Proba diso é a súa inclusión no programa olímpico dos xogos Olímpicos de Tokio e de París.

Observamos que existe unha demanda real e crecente de usuarios deste tipo de instalacións específicas onde se poidan desenvolver estas disciplinas na nosa cidade. Para máis incidencia, en poucos meses a intención dos deportistas destas disciplinas, traslé a creación de escolas de formación.

Instamos por elo a seguir apostando por este tipo de instalacións, xa que o potencial das disciplinas urbanas radica na espontaneidade da práctica. Isto quere dicir que o deportista practica cando e como quere, aprendendo por motivación propia. Este feito, provoca que o nivel de adherencia a estas disciplinas sexa moi alta.

Todos podemos ver, no Parque da Alameda de Concello, como chegan grupos de deportistas co seu material e efectúan as súas progresións para aprender exercicios de street workout, pola súa conta, vendo vídeos nos móbiles. Corrixíndose entre eles e conseguindo grandes melloras grazas á súa iniciativa.

Por tanto, temos que seguir apostando por este tipo de disciplinas, completando así a de dotación de instalacións deste tipo que se foron executando nos últimos anos como as do Parque do Couto, a Calistenia de Alameda de Concello, a Calistenia do parque de Santiago, no Tinteiro, ou as proxectadas de Calistenia nas canchas exteriores dos Remedios, respondendo máis se cabe a todas as tipoloxías de usuarios, sobre todo no que se refire a outras disciplinas.

En resume, faise necesario e urxente executar instalacións para estes deportes en especial, como por exemplo os de esvaramento na nosa cidade, do mesmo xeito que noutras grandes cidades do noso país.

Revisando actas de plenos anteriores non queda dúbida desta intención, xa non só deste Pleno, senón tamén no mandato anterior, onde se debateu e acordouse, desenvolver instalacións deportivas ao aire libre para deportes urbanos. Así, nunha moción do 03 de novembro de 2017, desde este Pleno trasladábase a necesidade dunha instalación que acollese todas estas disciplinas.

Recollida esta proposta desde o Consello Municipal de Deportes, contratouse o proxecto e conseguiuse financiamento a través da inclusión destas instalacións na II Fase de posta en valor da Ponte Romano. Hoxe en día atópase en execución o skatepark, por parte da Axencia Galega de Infraestruturas da Xunta de Galicia que, xunto coa calistenia do parque da Alameda do Concello, máis a calistenia do Parque de Santiago, no Tinteiro, dan solución a un gran grupo de xóvenes que practican dita actividad deportiva.

O skatepark e pumptrack están deseñados por un proxectista especializado dos mellores de España, Daniel Yabar, quen acordou os detalles do proxecto con técnicos e deportistas destas disciplinas, para facer así as instalacións que mellor se adaptasen ás súas necesidades.

A través dun chamamento aberto tentouse acoller os intereses de deportistas de skate, rollers, scooter e bmx. Aínda que é certo que resultou imposible efectuar unha convocatoria ás entidades deportivas destas disciplinas, xa que non existían, contactouse finalmente con usuarios das instalacións dos Remedios. Estes foron avanzando nunha instalación que hoxe, por sorte, atópase en execución.

Agora ben, desde o Grupo Municipal Popular entendemos que non debemos caer na autocompracencia, vanagloriando as xestións efectuadas ata o de agora. Entendemos que continúa existindo unha demanda dunhas instalacións que permitan acoller todos os niveis de práctica de todas as disciplinas que fan uso dun skatepark, que inclúa un bowl, half pipe, e ramplas que permitan aos patinadores continuar a súa progresión. Xa que, segundo nos trasladan os deportistas, a pista de street que se está executando no Parque do Couto, tería un complemento perfecto, se se realizase unha bañeira, ou con algunha rampla tipo medio -tubo.

De aí a motivación desta moción: crear outro espazo de skatepark duns 1.000 metros cadrados, cun bowl, e ramplas con medios tubos para complementar, ao proxecto que se executa no Couto.

O custo de contratación dunha instalación deste tipo, nunha localización de titularidade municipal, sería duns 225€/metro cadrado que, sumado ao proxecto, dirección de obra e outros gastos, non superaría os 300.000€.

Por todo elo, o Grupo Municipal Popular no concello de Ourense, presenta a seguinte:

PROPOSTA DE ACORDOS:

1.- Instar o Goberno Municipal a efectuar os trámites necesarios para executar e encargar o proxecto dun skatepark, como complemento ao que se executa no Couto, na máxima brevidade. Este proxecto debería incluir, previamente acordado cos grupos de usuarios, unha bañeira e ramplas tipo medio tubo, dunha superficie de uns 1.000 metros cadrados. Deste modo, se permitiría unha maior especialización dos seus usuarios.

2.- Instar o Goberno Municipal, a través das súas áreas de Medio Ambiente e Infraestruturas, xunto ao Servizo de Patrimonio, que propoñan o espazo necesario para este labor, nunha zona de alta permeabilidade para os usuarios.

Emenda presentada polo Grupo Municipal PSdeG-PSOE.

EMENDA DE ENGÁDEGA:

PUNTOS DA PROPOSTA:

  1. Instar o Goberno Municipal a efectuar os trámites necesarios para executar e encargar o proxecto dun skatepark, como complemento ao que se executa no Couto, na máxima brevidade. Este proxecto debería incluir, previamente acordado cos grupos de usuarios, unha bañeira e ramplas tipo medio tubo, dunha superficie de uns 1.000 metros cadrados. Deste modo, se permitiría unha maior especialización dos seus usuarios.

  1. Instar o Goberno Municipal, a través das súas áreas de Medio Ambiente e Infraestruturas, xunto ao Servizo de Patrimonio, que propoñan o espazo necesario para este labor, nunha zona de alta permeabilidade para os usuarios.

TEXTO DE ENGÁDEGA:

  1. Instar ao goberno municipal a que realice todas as modificacións oportunas no proxecto de Skate-Bike Park actualmente en execución a carón do Pavillón dos Remedios, de modo que satisfaga as necesidades dos usuarios destas instalacións deportivas sen causar molestias ou prexuízos aos veciños e veciñas da cidade.

  1. Instar ao Goberno Municipal a que se comprometa a protexer, manter e poñer en valor o Parque do Couto como pulmón verde da nosa cidade, preservando as especies arbóreas existentes nel, mellorando o seu mobiliario, e apostando pola zona como lugar de lecer e convivencia, esencial para os veciños e veciñas do barrio do Couto e da nosa cidade.

SENDO OS SEGUINTES PUNTOS DE ACORDO OS DEFINITIVOS:

  1. Instar o Goberno Municipal a efectuar os trámites necesarios para executar e encargar o proxecto dun skatepark, como complemento ao que se executa no Couto, na máxima brevidade. Este proxecto debería incluir, previamente acordado cos grupos de usuarios, unha bañeira e ramplas tipo medio tubo, dunha superficie de uns 1.000 metros cadrados. Deste modo, se permitiría unha maior especialización dos seus usuarios.

  1. Instar o Goberno Municipal, a través das súas áreas de Medio Ambiente e Infraestruturas, xunto ao Servizo de Patrimonio, que propoñan o espazo necesario para este labor, nunha zona de alta permeabilidade para os usuarios.
  2. Instar ao goberno municipal a que realice todas as modificacións oportunas no proxecto de Skate-Bike Park actualmente en execución a carón do Pavillón dos Remedios, de modo que satisfaga as necesidades dos usuarios destas instalacións deportivas sen causar molestias ou prexuízos aos veciños e veciñas da cidade.

  1. Instar ao Goberno Municipal a que se comprometa a protexer, manter e poñer en valor o Parque do Couto como pulmón verde da nosa cidade, preservando as especies arbóreas existentes nel, mellorando o seu mobiliario, e apostando pola zona como lugar de lecer e convivencia, esencial para os veciños e veciñas do barrio do Couto e da nosa cidade.

Emenda presentada polo Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego

EMENDA DE SUBSTITUCIÓN:

TEXTO ORIXINAL DA PROPOSTA DE ACORDO

1.- Instar o Goberno Municipal a efectuar os trámites necesarios para executar e encargar o proxecto dun skatepark, como complemento ao que se executa no Couto, na máxima brevidade. Este proxecto debería incluir, previamente acordado cos grupos de usuarios, unha bañeira e ramplas tipo medio tubo, dunha superficie de uns 1.000 metros cadrados. Deste modo, se permitiría unha maior especialización dos seus usuarios.

2.-Instar o Goberno Municipal, a través das súas áreas de Medio Ambiente e Infraestruturas, xunto ao Servizo de Patrimonio, que propoñan o espazo necesario para este labor, nunha zona de alta permeabilidade para os usuarios.

TEXTO ALTERNATIVO

1.- Instar o Goberno Municipal a efectuar os trámites necesarios para executar e encargar o proxecto dun novo skatepark. Este proxecto debería incluir, previamente acordado cos grupos de usuarios, unha bañeira e ramplas tipo medio tubo, dunha superficie de uns 1.000 metros cadrados. Deste modo, se permitiría unha maior especialización dos seus usuarios.

3.- Instar ao Goberno Local a que en compensación aos danos ocasionados no parque do Couto como consecuencia da execución do Skatepark, solicite da Xunta de Galiza a sufragación e execución dun proxecto de reforma e mellora integral de dito parque.

REDACCIÓN FINAL DA PROPOSTA DE ACORDO

1.- Instar o Goberno Municipal a efectuar os trámites necesarios para executar e encargar o proxecto dun novo skatepark. Este proxecto debería incluir, previamente acordado cos grupos de usuarios, unha bañeira e ramplas tipo medio tubo, dunha superficie de uns 1.000 metros cadrados. Deste modo, se permitiría unha maior especialización dos seus usuarios.

2.- Instar o Goberno Municipal, a través das súas áreas de Medio Ambiente e Infraestruturas, xunto ao Servizo de Patrimonio, que propoñan o espazo necesario para este labor, nunha zona de alta permeabilidade para os usuarios.

3.- Instar ao Goberno Local a que en compensación aos danos ocasionados no parque do Couto como consecuencia da execución do Skatepark, solicite da Xunta de Galiza a sufragación e execución dun proxecto de restauración e mellora integral de dito parque.

O Pleno do Concello, por quince votos a favor do Grupo Municipal PSdeG-PSOE, do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego e de dona María Teresa Rodríguez Garrido, don José Miguel Caride Domínguez e dona María del Mar Fernández Dibuja do Grupo de Democracia Ourensana e don Manuel Álvarez Fernández, concelleiro non adscrito; sete votos en contra do Grupo Municipal do Partido Popular; e catro abstencións do Grupo Municipal de Ciudadanos, de don Gonzalo Pérez Jácome e don Armando Ojea Bouzo, do Grupo Municipal de Democracia Ourensana, adoptou o seguinte ACORDO: Aprobar a emenda do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego

En consecuencia, queda aprobada a moción coa redacción dada pola emenda.

  8/04/2021: Remitido acordo plenario a Gabinete de Alcaldía. Recibido aviso de recepción o 9/04/2015.

Documentos: