Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

 

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

 

Antigamente o mercado realizábase en diferentes lugares, centrados na Praza Maior. Durante o XIX xa se expón a idea de ter un recinto estable para praza de abastos. Este proxecto non se concreta ata 1929 co deseño de Conde Hidalgo, aínda que probablemente participaron máis arquitectos. Un edificio clasicista que parece unha igrexa de pranta basilical, desenvolto en dúas prantas de cantería nas que os ocos da pranta superior están mais traballados con arcadas e molduras, mentres as da pranta baixa son máis rectas. Estas prantas aséntanse noutra de semisotano. Na fachada principal, cara ao norte, xunto a subida a pranta alta. Nos anos 70 sufriu unha importante remodelación.

O mercado, xa na súa concepción como tal, é un punto de unión e que require, máis que nunca, da unión de todos para construír o seu futuro. Así, a actual remodelación que está a experimentar o seu nobre edificio é o froito do traballo conxunto de diversos gobernos municipais:

Así, o 06 de novembro de 2014, a xunta de goberno solicitaba o apoio do executivo central para financiar este proxecto e concorrer á convocatoria realizada pola administración central para subvencionar proxectos. Daquela, o Concello comprometíase a asumir o 25 % do custo total da actuación, no caso de que finalmente se acordase outorgar esta subvención. O proxecto que se presentara ao Ministerio de Fomento ten un custo de 5,6 millóns de euros.

Nos argumentos que xustifiquen esta actuación, o goberno ourensán destacou a « singularidade do edificio» ao atoparse dentro da zona de As Burgas, que está declarada como Ben de Interese Cultural (BIC): «A conservación e enriquecemento do edificio convértese nunha actuación estratéxica para a posta en valor deste lugar emblemático dá cidade».

O 16 de xullo de 2015, o proceso de rehabilitación integral da Praza de Abastos número 1 dende Ourense deu un paso de xigante. O Ministerio de Fomento anunciaba que destinaría 3.652.767 euros á reforma das instalacións con cargo aos fondos que se xeran para o 1,5% cultural pola contratación de obra pública. Así o anunciaba a comisión mixta, integrada polos Ministerios de Fomento e de Educación, Cultura e Deporte, que se reuniu para a aprobación dos proxectos que recibirán fondos desa partida, sendo a de Ourense o maior investimento de toda España en cifras absolutas.

A pesar da solicitude inicial a Fomento da subvención do 75 por cento, que se outorga a través dun modelo de concorrencia competitiva, a adxudicación final ha resultado nun 65 por cento. O 35 por cento restante, atribuído ás arcas municipais, custará ao Concello 1.900.000 euros. En total, 5.552.767 euros irían destinados á reforma integral do mercado municipal. Na proposta facíase referencia á singularidade do edificio para recalcar que a rehabilitación, conservación e enriquecemento do edificio convértese nunha actuación estratéxica para a súa posta en valor.

Este proxecto recollía a remodelación da Praza de Abastos dividida en dúas fases.

A primeira atendía á reforma integral do edificio central. Coa devandita rehabilitación, conservará a súa estrutura inicial pero verá renovado ao 100% o seu interior, incluíndo os accesos ao mesmo. Non está tan claro o futuro do “rianxo” -a zona de venda directa de produtos de horta- onde, actualmente, é visible a súa deterioración e que constituía o segundo apartado do plan de rehabilitación, xunto coa zona de aparcamento.

A Xunta de Goberno Local do Concello do 13 de setembro de 2018 aprobara iniciar ou proceso de licitación da obra de rehabilitación integral do edificio principal da Praza de Abastos número 1, logo de innumerables trabas administrativas e burocráticas. Con este acordo dábase o pistoletazo de saída para unha obra longamente demandada.

Paralelamente a todo este proceso, acometeuse unha obra fundamental para os praceiros e a continuidade da súa actividade económica: o traslado á Praza de Abastos provisional.

Así, o 29 de decembro de 2016, a Xunta de Goberno Local adxudicaba a execución das obras do proxecto básico e de execución do edificio para ou traslado provisional dos postos da Praza de Abastos nº1. Serán realizadas por un importe de 659.934 euros IVE incluído.

O traslado dos praceiros á praza de abastos provisional culmina o 22 de xuño de 2018, coa súa inauguración. Hoxe en día, desenvolven alí a súa actividade, destacando tanto clientes como praceiros a idoneidade do lugar e a comodidade de uso diario.

Cabe lembrar que durante o pasado mandato, convocábase periódicamente a Comisión Municipal de Seguimento das Obras da Praza de Abastos, coa fin de manter informados aos grupos políticos, algo que neste mandato non se produxo nin unha soa vez.

                      

Na cidade asistimos atónitos a unha nova liorta entre o alcalde e o PSOE, coa Praza de Abastos como excusa, e que non conduce a nada máis que sembrar dúbidas sobre a continuación dun proxecto tan importante para a cidade.

 

Todas as forzas políticas con responsabilidades no Concello debemos unirnos para establecer a cooperación necesaria co resto de administracións, evitando así o risco de perder proxectos tan importantes como o das obras da Praza de Abastos. Custou moito conseguir unha axuda destas características e sería vergoñento perdela por non ser capaces de arrimar o ombreiro entre todos.

 

A polémica destes últimos días en torno á posible perda da subvención estatal para as obras da Praza de Abastos está a ser un lamentable espectáculo. Por este motivo, pedimos que o alcalde e o PSOE aforren as forzas que utilizan en botarse as culpas e as usen en beneficio da cidade, buscando unión e cooperación. En definitiva, pedimos e ofrecemos un gran consenso para loitar conxuntamente para salvaguardar e consolidar o gran proxecto da Praza de Abastos perante o Goberno central.

 

Por todo elo, o Grupo Municipal Popular no concello de Ourense, presenta a seguinte:

 

PROPOSTA DE ACORDOS

1.- Que o Goberno Municipal convoque aos grupos políticos na Comisión de Seguimento das Obras da Praza de Abastos, coa fin de ofrecer e analizar toda a información que compete a este importante proxecto de cidade.

2.- Que desde o Goberno Municipal se promova a unión e o consenso de todos os grupos para defender diante do Goberno Central o proxecto da Praza de Abastos e a consecución de axudas para acometer as cuestións pendientes do mesmo.

 

 

Emenda presentada polo Grupo Municipal PSdeG-PSOE.

EMENDA DE ENGÁDEGA:

 

PUNTOS DA PROPOSTA:

  1. Que o Goberno Municipal convoque aos grupos políticos na Comisión de seguimento das Obras da Praza de Abastos, coa fin de ofrecer e analizar toda a información que compete a este importante proxecto de cidade.

  1. Que desde o Goberno Municipal se promova a unión e o consenso de todos os grupos para defender diante do Goberno Central o proxecto da Praza de Abastos e a consecución de axudas para acometer as cuestións pendentes do mesmo.

TEXTO DE ENGÁDEGA:

  1. Que os grupos con representación política no Concello amosen o seu apoio á realización dun proxecto integral no que se teña en conta a accesibilidade ao edificio da praza de abastos, o aparcadoiro, o deseño dos postos e modelo de negocio, e a súa integración a respecto do conxunto formado polo Xardín das Burgas, a Alameda e a zona do Rianxo.

  1. Instar ao goberno municipal a que manteña o acordo plenario aprobado no mandato anterior no cal se garantía a realización das obras con cargo ao 100% dos fondos do Concello no caso de perderse a subvención do Ministerio de Fomento.

SENDO OS SEGUINTES PUNTOS DE ACORDO OS DEFINITIVOS:

  1. Que o Goberno Municipal convoque aos grupos políticos na Comisión de seguimento das Obras da Praza de Abastos, coa fin de ofrecer e analizar toda a información que compete a este importante proxecto de cidade.

  1. Que desde o Goberno Municipal se promova a unión e o consenso de todos os grupos para defender diante do Goberno Central o proxecto da Praza de Abastos e a consecución de axudas para acometer as cuestións pendentes do mesmo.
  1. Que os grupos con representación política no Concello amosen o seu apoio á realización dun proxecto integral no que se teña en conta a accesibilidade ao edificio da praza deabastos, o aparcadoiro, o deseño dos postos e modelo de negocio, e a súa integración a respecto do conxunto formado polo Xardín das Burgas, a Alameda e a zona do Rianxo.

  1. Instar ao goberno municipal a que manteña o acordo plenario aprobado no mandato anterior no cal se garantía a realización das obras con cargo ao 100% dos fondos do Concello no caso de perderse a subvención do Ministerio de Fomento.

 

Emenda presentada polo Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego

EMENDA DE ENGÁDEGA:

 

TEXTO INICIAL DA PROPOSTA DE ACORDO

 

1.- Que o Goberno Municipal convoque aos grupos políticos na Comisión de Seguimento das Obras da Praza de Abastos, coa fin de ofrecer e analizar toda a información que compete a este importante proxecto de cidade.

2.- Que desde o Goberno Municipal se promova a unión e o consenso de todos os grupos para defender diante do Goberno Central o proxecto da Praza de Abastos e a consecución de axudas para acometer as cuestións pendientes do mesmo.

 

TEXTO DE ENGÁDEGA

 

3.- Incluir unha representación das praceiras e praceiros na Comisión de Seguimento das obras da Praza de abastos.

 

REDACCIÓN FINAL DA PROPOSTA DE ACORDO

 

1.- Que o Goberno Municipal convoque aos grupos políticos na Comisión de Seguimento das Obras da Praza de Abastos, coa fin de ofrecer e analizar toda a información que compete a este importante proxecto de cidade.

2.- Que desde o Goberno Municipal se promova a unión e o consenso de todos os grupos para defender diante do Goberno Central o proxecto da Praza de Abastos e a consecución de axudas para acometer as cuestións pendientes do mesmo.

3.- Incluir unha representación das praceiras e praceiros na Comisión de Seguimento das obras da Praza de Abastos número 1.

O Pleno do Concello, por once votos a favor do Grupo Municipal PSdeG-PSOE e do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego; quince votos en contra do Grupo Municipal do Partido Popular, do Grupo Municipal de Democracia Ourensana, do Grupo Municipal de Ciudadanos e don Manuel Álvarez Fernández, concelleiro non adscrito, adoptou o seguinte ACORDO: Rexeitar a emenda do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego.

O Pleno do Concello, por 23 votos a favor do Grupo Municipal PSdeG-PSOE, do Grupo Municipal do Partido Popular, de dona María Teresa Rodríguez Garrido e dona María del Mar Fernández Dibuja do Grupo de Democracia Ourensana, do Grupo Municipal de Ciudadanos, do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego e de don Manuel Álvarez Fernández, concelleiro non adscrito; tres votos en contra de don Gonzalo Pérez Jácome, don Armando Ojea Bouzo e don Telmo Manuel Ucha Álvarez do Grupo Municipal de Democracia Ourensana, adoptou o seguinte ACORDO: Aprobar a moción.

  8/04/2021: Remitido acordo plenario a Gabinete de Alcaldía. Recibido aviso de recepción o 9/04/2021.

 

Documentos: