Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

A xunta de goberno local do Concello de Ourense, celebrada esta mañá, concedeulle á Xunta de Galicia licenza para o proxecto básico e de execución da restauración da sancristía maior da Catedral de Ourense. Redactado polo arquitecto Manuel Seoane Feijoo, quen asume a dirección das obras xunto coa arquitecta Sonia López Calvo, terá un orzamento de execución material de 49.980 euros, e conta cos informes favorables do arquitecto e do arqueólogo municipal, da dirección xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia.

Na reunión da xunta de goberno déronse conta un total de 16 asuntos achegados por diferentes áreas e servizos municipais.

Entre eles, aprobouse o proxecto de urbanización do polígono en que o Concello impulsa o parque de Canedo, emprazado entre as traseiras da Avenida das Caldas, a rúa Basilio Álvarez e a Verea Vella, por pedimento da Xunta de Compensación.

Amais, declaráronse bens non utilizables 114 elementos de explotación publicitaria do mobiliario urbano (MUPIS). Daráselle traslado do acordo á Sección de Patrimonio Municipal para que reflicta no Inventario xeral a alteración que afecta aos bens descritos, e procederase á súa retirada da vía pública.