Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense
O Concello de Ourense celebrará a súa sesión ordinaria do mes de maio (o vindeiro venres, día 7, en formato presencial, ás 9:00 horas, no Auditorio, cun receso ás 14:00h se a duración o requirise. Esta mañá tivo lugar a comisión de pleno, preparatoria da sesión, na que se deu conta de dous asuntos que serán incluídos na orde do día.

Por unha banda, a declaración institucional do Concello de Ourense en apoio ao proxecto de construción dunha estación que centralice o transporte de mercadorías ferroviarias en San Cibrao, que impulsa a asociación de empresarios deste polígono industrial. O Concello apoia esta iniciativa xa que, segundo reseña a declaración “resulta de extraordinario interese para a cidade de Ourense, pois ademais de contribuír ao impulso da actividade desta área industrial, motor económico da provincia, permitiría liberar do uso ferroviario unha superficie de máis de 100.000 m2 na estación Ourense Empalme, que se atopan afectados polo tráfico de mercadorías”.

Así, a declaración recolle dous puntos. Por unha banda, expresar o apoio do Concello de Ourense ao proxecto da asociación de empresarios do Polígono do San Cibrao das Viñas para a construción dunha estación de mercadorías nesta área industrial que centralice o tráfico de mercadorías e libere deste uso á estación Ourense Empalme. E, por outra, solicitarlle a ADIF que os terreos liberados por esta actuación sexan revertidos á cidade para a construción de novas infraestruturas, equipamentos e servizos que permitan mellora a calidade de vida da veciñanza.

Tamén se incluirá na orde do día do pleno a proposta de incorporación ao contrato de explotación do servizo municipal de auga potable e saneamento de Ourense da nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) do Concello.