Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome asinou esta mañá a convocatoria dunha sesión extraordinaria do pleno do Concello para o vindeiro luns, día 14 de xuño, ás 10:00 horas, na que formulará cuestión de confianza vinculada á aprobación por parte do Pleno, da modificación dos orzamentos do Concello número 2P/2021. O alcalde convoca esta sesión logo de que no día de hoxe, 9 de xuño, o Pleno do Concello desestimase a aprobación do expediente, ao non obter a proposta de acordo o número de votos necesario para a súa aprobación.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, visita no día de hoxe a cidade de San Sebastián, onde esta mañá foi recibido polo alcalde, Eneko Goia, e pola concelleira delegada de Mobilidade e Transporte, Pilar Arana Pérez.

Reunión da xunta de goberno local

A xunta de goberno local aprobou esta mañá o proxecto de modificación da ordenanza reguladora do imposto de vehículos de tracción mecánica para o ano 2022.

O Órgano de Xestión Tributaria do Concello de Ourense aprobou a notificación colectiva e anuncio de cobranza de padróns fiscais correspondentes ao ano 2021 dos impostos sobre Bens Inmobles de Natureza Urbana e de Características Especiais (IBIU) e sobre Bens Inmobles de Natureza Rústica (IBIUR).

O Concello de Ourense publica os resultados dun estudo sociolóxico encargado á empresa Celeste-Tel, e cuxo obxectivo é o de coñecer a valoración cidadá sobre diversos aspectos da política e vida municipal.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu ao reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa Roger, e a vicerrectora do Campus de Ourense, María Esther de Blas, para abordar diversos asuntos. Ambos, amosáronse satisfeitos pola posta en marcha do novo Grao en Intelixencia Artificial, así como o Mestrado en Intelixencia Artificial, que se comezará a ofertar a partir do curso 2022/2023 en Ourense.

O Concello de Ourense celebrará a súa sesión ordinaria do mes de maio (o vindeiro venres, día 7, en formato presencial, ás 9:00 horas, no Auditorio, cun receso ás 14:00h se a duración o requirise. Esta mañá tivo lugar a comisión de pleno, preparatoria da sesión, na que se deu conta de dous asuntos que serán incluídos na orde do día.

O Concello de Ourense instalará unha infraestrutura de comunicacións vía radio para a súa posterior explotación por un terceiro coa intención de lle ofrecer servizo de internet de alta velocidade á veciñanza da contorna urbana, máis de 8.000 habitantes pertencentes a 17 parroquias do perímetro rural.

A xunta de goberno local do Concello de Ourense, celebrada esta mañá, concedeulle á Xunta de Galicia licenza para o proxecto básico e de execución da restauración da sancristía maior da Catedral de Ourense.

Visita á catedral

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asistiu xunto ao conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e ao bispo de Ourense, Leonardo Lemos, á presentación dos traballos de rehabilitación da Catedral de Ourense que se van desenvolver a través de dous proxectos.